O NÚCLEO DA TERRA

En 1996 demostraron que o núcleo interno da Terra con un diámetro de 2400 kilómetros, xira máis rápido que a propia Terra. Este núcleo interno é unha bóla de ferro sólido e encóntrase no centro do planeta, ubicado nun mar de metal líquido quente, coñecido como o núcleo externo.

O núcleo interno pode xirar de forma independente, é dicir, xira por si só.

Os científicos creen comprender a razón pola que o núcleo interno poida xirar a unha velocidade distinta. O fluxo de ferro ascendente e descendente do núcleo externo líquido xera campos eléctricos e magnéticos, que empuxan ao núcleo metálico interno.

A súa estrutura é a seguinte:

  • Corteza oceánica
  • Corteza continental
  • Descontinuidade de Mokorovicic
  • Manto superior
  • Manto inferior
  • Núcleo externo
  • Núcleo interno

 

 

Preguntas:

1. Explica buscando información ao respecto, como puideron investigar tal cousa os científicos.

A información que posuímos sobre o núcleo, obtense observando a forma na que as ondas sísmicas viaxan a través deste, facendo extrapolacións a partir de estudos experimentais, e analizando os meteoritos ricos en ferro.

2. Qué aplicacións cres que pode ter ese descubrimento?

Empregamos este descubrimento para saber máis sobre o noso planeta e así poder anticiparse aos sucesos catastróficos que poderían suceder nun futuro.

3. Aporta unha reflexión ao feito de que na ciencia continuamente seguen perfilándose coñecementos que parecen sempre definitivos.

Porque os novos datos mellorarán os modelos por ordenador e aportarán unha mellor idea sobre como funciona o interior da Terra.

4. Imaxina algunha consecuencia que podería derivarse do enfriamento do núcleo externo da Terra.

Unha das consecuencias sería que a Terra deixaría de ser un planeta activo e quente.

 

Beatriz Moure, Laura Fernández, Paula Rey e Paula Torres.


Esta entrada foi publicada en 4 - TERRA, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta