Burato de verme

Un burato de verme, tamén coñecido como unha ponte de Einstein-Rosen, é un “atallo” a través do espazo e o tempo. Ten polo menos dous extremos, conectados a unha única “garganta”, podendo ‘viaxar’ a materia dun extremo a outro pasando a través desta.

O primeiro científico en teorizar a existencia de buratos de vermes foi Ludwig Flamm en 1916. Neste sentido a hipótese do burato de verme é unha actualización da teoría dunha cuarta dimensión espacial. Esto foi plasmado máis cientificamente en 1921 polo matemático Hermann Weyl.

Tipos de buratos de verme:

  • Os buratos de verme do intra-universo: Un burato de verme debería poder conectar posicións distantes no universo, permitindo viaxar entre elas en menor tempo do que custaría facer a viaxe a través de espazo normal.

  • Os buratos de verme do inter-universo: asocian un universo con outro diferente e son denominados buratos de verme de Schwarzschild. Pode ser que estes buratos de verme sirvan nun futuro para viaxar dun universo a outro paralelo ou viaxar no tempo.

Buratos de verme

Opinón crítica:

Este tema sobre os buratos de verme resultou ser moi interesante. O que máis nos impactou da información encontrada foi que viaxar entre os buratos de verme pódese facer en menos tempo do que custaría viaxar a través do espazo normal. Grazas a búsqueda desta información este grupo aprendeu a  a comprender mellor as formas de viaxar polo universo e que as veces podemos atopar cousas moi sorprendentes.

Bibliografía:

Laura Vidal

Araceli Vilar

Carlos Villar

Andrea Villaverde

Esta entrada foi publicada en O Universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta