O Big Bang e o fondo cósmico de microondas

Actividades:

1. Que é a radiación cósmica de fondo? En que rango do espectro electromagnético se observa? A radiación cósmica de fondo é a enerxía sobrante do Big Ban, a cal deu orixe ó universo. Obsérvase no rango das microondas.

2. Por que resultou complicado detectar a radiación cósmica de fondo? Porque debido á súa débil sinal, a mestura con outras emisións, e a absorción das microondas na atmosfera, dificultou o traballo ós científicos.

3. Cales son as contribucións de Mather y Smooth, os científicos galardonados co premio Nobel de Física en 2006 ao estudo da radiación de fondo? Mather demostrou de forma inequívoca  radicación cósmica proviña dun pasado denso e quente do universo, sen embargo Smooth establecía por primeira vez a conexión ente as anisotropías (pequenas desviacións da temperatura) do fondo cósmico e a estrutura a grande escala do universo; é decir, descubriron os feitos iniciais da distribución da materia, a cal deu lugar ás galaxias, estrelas, etc.

Información sobre a radiación cósmica de fondo:

A radiación cósmica de fondo é a enerxía remanente do Big Ban que deu orixe ó universo. A predición teórica desta radiación foi realizada polo físico ruso George Gamow e dous amigos seus Robert C. Herman e Ralph A. Alpher en 1946. A radiación cósmica de fondo foi detectada por primeira vez polos radioastrónomos Arno Penzias e Robert Wilson en 1964. É interesante anotar que xa existía evidencia da RCF 30 anos atrás respecto a dita data. Penzias e Wilson estudiaron as ondas de radio producidas pola nosa galaxia cunha antena construída orixinalmente para comunicarnos vía satélite. Para descartar toda señas que fose ruído, realizaron observacións de menor lonxitude ca as ondas de radio, as cales son denominadas microondas. A cantidade detectada de lonxitude de onda era equivalente á que emitiría un corpo negro (o que non emite luz). Hoxe en día, obtemos imaxes actuais da radiación grazas ás novas tecnoloxías, como son os telescopios, polo que permítenos coñecer cada día, unha información máis exacta da súa orixe.

Este é un vídeo que explica cómo se obtén unha imaxe do cosmos, permitindo o estudo da súa orixe.

O mapa do Universo

Este outro vídeo, explica como foi a explosión do Big Bang, e como consecuencia, a radiación cósmica de fondo.

O universo: Big Bang

A continuación, unhas cantas imaxes da radiación cósmica de fondo:

Opinión persoal:

A nosa opinión é que o estudo da radiación cósmica de fondo é moi importante para coñecer a orixe do que nos rodea e a nosa propia. Grazas a este estudo puidemos ampliar os nosos coñecementos sobre o Big Bang  e como se formou, e por suposto, o que aínda queda desa explosión.

Bibliografía:

http://www.youtube.com/

http://aportes.educ.ar/fisica/nucleo-teorico/estado-del-arte/astrofisica-sesentista-el-regreso-de-la-relatividad/la_radiacion_cosmica_de_fondo.php

http://cientifi.net/preguntas/5487/que-es-la-radiacion-cosmica-de-fondo

http://astroverada.com/_/Main/T_cmb.html

 

Silva Fernández, Ariadna

Torres Rey, Samuel

Valcárcel Maceira, María

Vidal Sanmartín, Samuel

 

Esta entrada foi publicada en O Universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta