Buracos de Gusano

Os Buracos de Gusano (O Universo)

Este traballo trata sobre un conxunto en particular de fenómenos espaciais. Neste caso falamos dos diferentes tipos de buracos que existen no universo.

1) No texto faise mención ao espazo caendo dentro dun burato negro, ao espazo evadíndose dende os buracos brancos, os buracos de gusano…Son todos conceptos moi ligados á astrofísica. Busca algunha definición dos 3 que permita esclarecelos.

Os Buracos Negros

Son rexións finitas do espacio que conteñen unha concentración de masa o suficientemente elevada como para crear un campo gravitacional. Así nin as partículas materiais nin a luz poden escapar del. Porén, os buracos negros poden emitir raios X. Demostrado no ano 1976.
A singularidade e o punto exacto no que se concentra toda a masa. O que fai que se aniquile o espacio-tempo normal.

Os Buracos Brancos

Trátase de rexións finitas do espacio que ao contrario dos buracos negros, estes deixan escapar materia e enerxía no lugar de absorbela. De feito ningún obxecto pode permanecer infinitamente dentro del.

Os Buracos de Gusano (Ponte de Einstein-Rosen)

Son uns “atallos” a través do espacio-tempo que consta de dous extremos conectados a unha única garganta, podendo a materia viaxar de un lado a outro. Eses dous portais non están unidos permanentemente, senón que se acaban separando ao cabo de un tempo. Foron descubertos por Ludwing Flamm en 1916.

2) O gran mérito de ese científico foi converter en imaxes as ecuacións de Einstein. Que importancia poder ter ese traballo?

Este científico convertiu os buracos negros nunha fascinante experiencia visual que pode ser disfrutada polos visitantes que acoden a un planetario, ou incluso polos espectadores televisivos, acercándonos así un pouco máis á ciencia xa que podemos ver en imaxes o que Einstein descubriu e deixou constancia nas súas ecuaciones.

3) Tamén comenta que tras a súa     licenciatura en matemáticas logo quixo conectar co universo real, e na divulgación do seu saber. Aporta algunha reflexión acerca da     necesidade e dificultades da divulgación científica.

Moitas divulgacións teñen xente a favor e en contra,moita da xente que está en contra destas non se da conta de todo a traballo que teñen detrás todas elas. O traballo de cantidade de persoas durante moito tempo son este tipo de divulgacións. Este científico en concreto despois de acabar os seus estudos quixo dar a saber todos os seus coñecementos.

4) No terceiro parágrafo, o científico arremete contra a ciencia inaccesíbel e as falsidades científicas das películas. Comenta brevemente os seus argumentos.

O científico é crítico ca industria cinematográfica da que opina que non entende a riqueza visual que ofrece a ciencia. Tamén é crítico cos seus colegas científicos xa que cree que só se preocupan de escribir os seus artigos nas revistas especializadas, as cales le moi pouca xente, esquecéndose de que hai un mundo enorme ahí fóra.

Opinión Persoal
Coa realizacíón deste traballo  descubrimos  moitos datos que antes descoñecíamos.  Achegámonos moito máis ao mundo do espazo e aprendimos  a valoralo na sua fermosidade tal e como pretendian os científicos.

Héctor Fernández Carracedo
Martín Duro Sánchez
Óscar Durán Costoya
Bárbara Fernández García

Esta entrada foi publicada en O Universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta