Orixe e formación das Illas Canarias.

As Illas Canarias forman parte dun arquipélago de orixe volcánica, é dicir, como un conxunto de illas que se formaron pola acción construtiva da actividade volcánica no océano cando o magma, procedente do interior da Terra, ascende a través de gretas ou fracturas da codia oceánica, e vaise acumulando no fondo oceánico ata emerxer sobre o nivel da superficie do mar.

Etapas da formación das Illas

Primeira etapa.

Nun primeiro momento fracturouse a codia oceánica e levantáronse bloques sobre os que se foron depositando as lavas procedentes das erupcións submarinas. Estes materiais (rocas plutónicas e sedimentos mariños) compoñen o que se denomina o chamado Complexo Basal, que só se deixa ver nas illas máis erosionadas: A Gomera, A Palma e Fuerteventura.

Segunda etapa.

A construción subaérea comezou nos últimos 20 millóns de anos, cando as Illas emerxeron do océano. Pódense distinguir dous ciclos na construción de cada unha das Illas:

1.º A serie antiga ou primeiro ciclo dá lugar a grandes edificios volcánicos, formados por amoreamentos de coladas basálticas con intercalacións de depósitos piroclásticos. Na actualidade, estas formacións de considerable altura encóntranse bastante erosionadas e desmanteladas, sobre todo na parte norte das Illas, onde a acción erosiva do mar e da chuvia foi máis intensa.

2.º A serie recente ou segundo ciclo continúa na actualidade en todas as Illas, coa excepción de La Gomera, e deu lugar a formas de relevo moi variadas. O conxunto de erupcións máis recentes é coñecido co nome de volcanismo recente ou histórico, e  afectaron ás illas de Lanzarote, Tenerife, La Palma e El Hierro. Esto indica que o volcanismo segue activo no Arquipélago.

Información: Wikipedia.

Opinión persoal : Este é un tema moi interesante, para facer este traballo basámonos nunha das hipóteses que hai. Ningunha está cientificamente demostrada polo cal é recomendable indagar máis e chegar á nosa propia conclusión.

David Carbón, Nuria Canicoba, Lucía Castro e Nerea Couceiro. 1º Bach- C

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.