As plumas mantélicas ou penachos térmicos representan unha das maiores expresións da calor interna do planeta Terra. Trátase dunha fonte de material quente, que ascende dende o límite do núcleo co manto, en forma de longas columnas verticais, que ao chegar preto da superficie, producen unha serie de fenómenos coñecidos como puntos quentes, xa que a maioría das veces teñen asociado unha intensa actividade magmática e volcánica (os puntos quentes caracterízanse por presentar unha vasta codia inchada, actividade volcánica intensa, e elevados fluxos quentes).Os penachos térmicos son columnas de material rochoso quente que ascenden dende a base do manto cara á superficie, onde orixinan unha zona de intenso vulcanismo, chamada punto quente. Hai tres tipos de relevos asociados a puntos quentes: dorsais oceánicas, mesetas continentais elevadas e arquipélagos volcánicos.
Valoración persoal:
Este tema pareceunos moi interesante para poder comprender bastantes cousas sobre o planeta terra e o seu interior.
Laura Vidal
Araceli Vilar
Carl0s Villar
Andrea Villaverde