Teoría de cordas.

Teoría de cordas

Ata agora describíanse os compoñentes básicos da materia (átomos e partículas subatómicas) como pequenas esferas ou puntos. A teoría de Cordas (1968-Grabrielle Veneziano) defende que estas partículas están formadas por fíos vibrantes de enerxía e estes son denominados cordas, a vibración das cales proporciónanlles propiedades como a masa e a carga.

Á hora de explicar a teoría de cordas, aparecen unha serie de problemas. O primeiro é que se afirma que existe unha partícula hipotética chamada taquión, o cal viaxa a velocidades superiores á da luz, polo que se contradiría a Teoría da Relatividade. Así mesmo esta teoría precisa de 10 dimensións, anomalías matemáticas e da existencia de partículas sen masa, as cales xa se identificaron (gravitón) e son a causa da interacción gravitatoria a nivel cuántico.

Aínda existen escépticos que defenden o Modelo Estándar, que se basea nas partículas e este pódese reproducir experimentalmente.

1- O texto recolle un feito frecuente que acompañou a grandes científicos, en referencia ó recelo co que inicialmente se reciben pola propia comunidade científica. Achega algunha reflexión persoal a este feito ou algún outro exemplo desta realidade.

Cremos que, cando no mundo científico se presenta unha hipótese nova, aparentemente ilóxica e ademais o fai un científico pouco coñecido, o resto da comunidade móstrase sorprendida e reacia a aceptala.

Algúns exemplos son:

-A teoría da Evolución de Darwin non foi aceptada nun principio debido ás supersticións, prexuízos e dogmas relixiosos, xa que a Igrexa defendía naquela época que o home non proviña do mono e para eles era imposible que o que Darwin dicía fora certo.

-Newton e a súa teoría da causa do movemento dos planetas.

-O modelo heliocéntrico de Copérnico, que defendía que o centro do universo era o Sol.  Esta teoría desmentía o que dicía a Igrexa de que a Terra fose o centro de todo, por iso nun principio foi rexeitada e hoxe sabemos que non era certa.

2-Tamén sinala cuestións aparentemente tan lonxanas á ciencia como a orixe e a morte do espazo e do tempo…Redacta algunha reflexión sobre estes límites tan pouco científicos a que semellan conducirnos as últimas teorías da orixe do universo, e relaciónao con outras disciplinas do saber.

3-Finalmente refírese á recente teoría M que contempla 11 dimensións, algo inimaxinanable e que só se pode estudar dende a linguaxe matemática. Realiza un breve comentario acerca disto en relación ó desenrolo da intelixencia humana.

A intelixencia humana vai en aumento a medida que pasa o tempo, xa que hai uns 50 anos ninguén podería imaxinar que actualmente estariamos estudando a posible existencia de 11 dimensións (10 no espazo e unha no tempo). Imos avanzando pouco a pouco (pero igualmente moi rapido) nos nosos coñecementos e cada vez imos profundizando máis en antigas teorías e creando outras máis complexas sobre todo o que nos rodea. Actualmente sabemos da existencia de 4 dimensións, pero quizais algún día se poida contemplar a posibilidade de que a teoría M sexa certa.

4-Investiga: cales son os puntos que apoian a Teoría de Cordas? Que puntos ten en contra?

APOIAN: se se demostra que a Teoría de Cordas, esta serviría para predicir o comportamento dos sistemas cuánticos entrelazados. Ademais disto podería describir o funcionamento fundamental do universo

EN CONTRA: a Teoría de Cordas precisa de 11 dimensións (10 no espazo e unha no tempo) e actualmente só sabemos da existencia de 4. Ademais ata a actualidade non está constatada empiricamente.

 

REFLEXIÓN:

A Teoría de Cordas pareceunos moi interesante, pero ó mesmo tempo moi complexa, polo que non a puidemos chegar a entender completamente. Aínda así, opinamos que se se chega a descubrir que é certa, supoñería un gran avance para a ciencia, xa que sempre se estudou que por exemplo os electróns son puntos e esta teoría dinos que son cordas, membranas que vibran en máis de 4 dimensións, que son as que nós coñecemos.

É unha teoría pouco coñecida porque dende a comunidade científica non se lle deu demasiada repercusión social, dado que aínda non está desenvolta de todo.

 

Por:

Fernández Justo, Lorena

García Vicente, Manuel

Montouto López, Ana Isabel

Picallo López, Brais

 

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta