O Himalaia é a cordilleira máis alta do mundo. Na última medición o seu pico máis elevado, o Everest, tiña 8.850 m de altitude. Cada ano aumenta o seu tamaño uns 5 cm. Esténdese a través do continente asiático, ocupando uns 2.500 km ó longo e 220 km ó ancho.
O Himalaia comezou a formarse fai 65 millóns de anos a finais do Mesozoico. As súas montañas formáronse a causa do choque entre continentes, xa que as placas tectónicas se moven (deriva continental).
Tras a ruptura da última Panxea (cando todos os continentes estaban xuntos), a India comezou a separarse de África desprazándose cara o norte. Ao aproximarse a Asia, a parte oceánica da placa india fundiuse por debaixo da asiática, desaparecendo así o océano entre elas e pregando o terreo formando o Himalaia.
Ao longo da súa historia, a Terra sufriu tres grandes oroxenias (formación de cordilleiras). O Himalaia naceu durante a última delas; a Alpina.
Feito por:
Fernández Justo, Lorena
García Vicente, Manuel
Montouto López, Ana Isabel
Picallo López, Brais