O núcleo da terra

http://www.youtube.com/watch?v=lraKStwwGio

O núcleo do noso planeta é unha esfera metálica que ten de radio 3500 Km, un tamaño semellante ao do planeta Marte. Está formado principalmente por ferro, niquel, cobre, osíxeno e xofre.

Formación.

Expertos afirman que fai 4000 millóns de anos a Terra xa contaba cun campo magnético por mor do seu núcleo metálico. A súa formación marcou a fronteira entre o seu proceso de consolidación e enfriamento da superficie.


O núcleo externo é líquido, con un radio de 2.300 km. A diferencia co núcleo interno maniféstase por un aumento brusco na velocidade das ondas P a unha profundidade entre 5.000 e 5.200 km.

O núcleo interno ten un radio de 1.220 km. Creese que é sólido e ten unha temperatura entre 4.000 y 5.000° C. É posible que o núcleo interno sexa resultado da cristalización do que foi unha masa líquida de maior magnitude e continúe este proceso de crecemento. A súa enerxía calorífica inflúe no manto, en particular nas correntes de convección. Actualmente considérase que o núcleo interno posee un movemento de rotación e é posible que se encontre en crecemento a costa do externo que se reduce.

Orixe do calor interno da Terra.

A temperatura da Terra aumenta coa profundidade, fenómeno conocido coma gradente xeométrico e pode superar os 6.700 °C, máis quentes que a superficie do Sol; suponse que os tres factores que contribuiron á calor interna da Terra son os seguintes:

-A calor emitida cando o ferro cristalizou para formar o núcleo interno sólido.

-A calor liberada pola colisión de partículas durante a formación da Terra.

-A calor emitida por la desintegració dalgúns elementos.

 

A opinión xeral do grupo é que nos parece moi interesante que a Terra non estea formada só polo que podemos apreciar a simple vista, senón que debaixo nosa exista unha gran profundidade e se concentre tanta calor. Isto é verdadeiramente sorprendente e gracias a este traballo puidemos decatarnos con máis precisión.

Sofía Carballude López

Natalia Carracedo Barros

Cristina Cimadevila Bernárdez

André Díaz Cerviño

Esta entrada foi publicada en XEOLOXIA. Garda o enlace permanente.