SELECCIÓN NATURAL E ARTIFICIAL.

.SELECCIÓN NATURAL:

Darwin propuxo a selección natural baseada na supervivencia dos máis aptos para explicar a evolución.

Lamarck opina que os caracteres adquiridos en vida son herdables, o cal hoxe sabemos que é falso.

O darwinismo primitivo, unido á xenética, chamouse neodarwinismo ou teoría sintética da evolución. Isto refírese ao ritmo da evolución.

 

SELECCIÓN ARTIFICIAL:

O ser humano seleccionou dos animais e das plantas domésticas as características consideradas favorables, o que permitiu que só os exemplares coas características desexadas se reproducisen. A esta selección chámaselle selección artificial.

Dependendo do tipo de selección empleada, pódense considerar dous tipos de selección artificial: consciente (cando o plan de selección está determinado claramente de antemán) e inconsciente (cando dito plan non está claramente predeterminado, senón que surxe por preferencias humanas non formalizadas).

Aínda que os seus resultados poden ser iguais, poden distinguirse dous tipos de selección artificial segundo a metodoloxía empregada: cando se favorece que se reproduzan os exemplares con características buscadas (selección positiva) ou cando se impide que se reproduzan os exemplares con características indeseadas.

A práctica da selección artificial é moi antiga, tanto en agricultura como en gandaría. Darwin coñeceu esta práctica e a súa tese sobre a causa da evolución biolóxica repousa, en gran medida, no concepto de selección natural, idea que el extrapola da selección artificial: a natureza efectuaría un proceso parecido ao que realiza o home que elixe os animais ou plantas que desexa transformar e, mediante a reproducción controlada, fomenta as características que desexa que se desenrolen máis. A diferenza principal reside en que a selección natural non está planificada polo home, senón que vén imposta polas circunstancias ambientais.

video:   http://www.youtube.com/watch?v=0WRrDO4vDOQ

OPINIÓN PERSOAL: No grupo pensamos que este tema é moi interesante e estamos sorprendidos de que a selección artificial se empregue dende fai tanto tempo.

Tatiana Pereiras, Iván Picaño, Eva Tato, Xiana Rodríguez.  1º BAC C.

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta