A evolución biolóxica

A evolución é a rama da bioloxía que estuda os cambios que se foron dando co paso do tempo nos diferentes seres vivos da Terra dende que se orixinaron ata o día presente. Moitos cintíficos ó longo da historia estudaron este tema, chegando á conclusión de que unha das principais razóns pola que os seres vivos evolucionan é que se deben ir adaptando ó medio no que viven, xa que co paso do tempo foi cambiando o clima, as especies que conviviron no noso planeta etc.

Unha vez falamos de evolución, debemos facelo tamén de Darwin, que, como todos sabemos, foi un importante científico que postulou que todas as especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun ancestro común mediante un proceso chamado selección natural, a cal establece que as condicións dun medio ambiente favorecen ou dificultan (seleccionan) a reprodución dos organismos vivos segundo as súas peculiaridades. Antes de Darwin xa houbera outras persoas que falaban deste tema, dado que observaban cambios nas especies: Anaximandro,  Empédocles, Aristóteles, Georges Cuvier… Tamén, logo de Darwin, outras persoas seguiron, a partir do seu legado, a estudar a evolución: Mendel, Griffith ou James Watson, entre outros.

Algunhas das probas da evolución son os rexitros fósiles, que nos permiten coñecer os seres vivos de hai milleiros de anos e os diferentes terreos; a anatomía e fisioloxía comparadas; a embrioloxía comparada; ou a xenética.

Imos falar un pouco máis polo miúdo da evolución dos lemúridos.

Google

Opinión persoal:

Pensamos que a evolución biolóxica é moi interesante, xa que ela é como a nosa nai; debémoslle todo. Escollimos a evolución dos lemúridos, porque estes animais á parte de seren pouco coñecidos, non sabemos nada do seu desenvolvemento ó longo dos séculos. Ademais, cremos que a evolución humana ou mesmo a dos peixes e dinosaurios están xa moi tratadas en todos os libros que estudamos dende que somos pequenos.

Autores:

Picallo López, Brais

Fernández Justo, Lorena

García Vicente, Manuel

Montouto López, Ana Isabel

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta