A extinción dos dinosaurios

Hai 65,5 millóns de anos un meteorito acabou coa maior parte da vida sobre o planeta en cuestión de días. O meteorito, de 15 quilómetros de diámetro, impactou en Chicxulub, ao norte da península de Yucatán-México, cunha forza máis potente que dez bombas nucleares.

Ao parecer, segundo un estudo, foi rápido e devastador. Golpeou á Terra a unha velocidade 20 veces superior á dunha bala de alta velocidade. A explosión da rocha quente e gas debeu parecer unha inmensa bola de lume. E ese tivo lugar a extinción dos dinosaurios.

Archibald e Fastovsky propoñen, ademáis, un escenario que combina tres causas principais: a actividade volcánica, a disminución do nivel do mar e o impacto dun obxecto contra a terra. Neste escenario, as especies tanto mariñas como terrestres xa enfrontaban serios problemas causados polos cambios climáticos e pola perda do hábitat, así ao ser os dinosauros os animais máis grandes, foron os primeiros en ser afectados. Ao mesmo tempo, o po e gases produto da actividade volcánica, arrefriaron e secaron grandes áreas do planeta. No medio deste ambiente de tensión e estrés para a natureza, chegou o impacto dun meteorito, o que causou o colapso das especies que utilizaban a fotosíntesis, que son a base da cadea alimenticia, polo que toda a cadea colapsou. A maior diferenza entre esta hipótese coas outras que tratan só unha causa, é que expón que as especies xa se atopaban loitando pola súa supervivencia antes do impacto, o que debilitó severamente a súa capacidade de reacción e recuperación.

http://www.nationalgeographic.es/ciencia/mundos-prehistoricos-/dinosaur-extinction

http://www.dinosaurios.info/d-teorias-extincion-dinosaurios-2.html

 

Opinión persoal:

Este tema pareceunos a todos os membros do grupo super interesante, posto que a desaparición dos dinosaurios todos a coñecemos pero non somos conscientes de porque desapareceron estes seres e que foi o que o causou.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta