Morren 10 elefantes pigmeo, unha especie en perigo de extinción

google

O elefante de Borneo ou elefante pigmeo de Borneo (Elephas maximus borneensis) é unha subespecie de elefante asiático. É a subespecie máis pequena de todas e posúe unha cola máis longa, uns cairos máis finos e as orellas máis amplas. Habitan en Borneo (sur de Asia) e os estudos xenéticos indican que se separaron do resto de subespecies hai uns 300.000 anos.

Estes animais son os protagonistas da seguinte noticia: elpais.

Opinión do grupo: pensamos que, aínda que xa se estea a protexer a esta especie, as medidas a tomar deberían ser máis estritas. Tamén as persoas teriamos que ser máis conscientes e pensar que se só quedan 1.500 exemplares destes elefantes, hai que coidalos e protexelos, non envelenalos e matalos para aproveitarnos dos seus cairos, pel…

Feito por:

Justo Fernández, Lorena

García Vicente, Manuel

López Picallo, Brais

Montouto López, Ana Isabel

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.