REACCIÓN EN CADENA DA POLIMERASA.

A reacción en cadena da polimerasa é unha técnica de bioloxía molecular desenrolada en 1983 por Kary Mullis, cuxo obxectivo é poñer un gran número de copias dun fragmento de ADN particular, partindo dun mínimo; en teoría basta a partir dunha única copia dese fragmento orixinal ou molde.

Esta técnica serve para amplificar un fragmento de ADN. A súa utilidade é que tras a amplificación resulta moito máis fácil identificar cunha moi alta probabilidade, virus ou bacterias causantes dunha enfermidade, identificar cadáveres ou facer investigación científica sobre ADN amplificado. Estes usos derivados da amplificación fixeron que se converta nunha técnica moi estendida, co conseguinte abaratamento do equipo necesario para levala a cabo.

Esta técnica fundaméntase na propiedade natural dos ADN polimerasas para replicar hebras de ADN, para o cal se empregan ciclos de altas e baixas temperaturas alternadas para separar as hebras de ADN recén formadas entre si tras cada fase de replicación, e a continuación deixar que as hebras de ADN volvan a unirse para poder duplicalas novamente.

Polo xeral, a PCR é unha técnica moi común e normalmente indispensable en laboratorios de investigación médica e biolóxica para unha gran variedade de aplicacións. Entre elas inclúense a clonación de ADN para a secuenciación, a filoxenia basada en ADN, a análise fundamental de xenes e o diagnóstico de trastornos hereditarios, a identificación de pegadas xenéticas e a detección e diagnóstico de enfermidades infecciosas.

OPINIÓN: O tema parécenos moi interesante porque nos gustan moito os temas de avance científico.

TATIANA PEREIRAS, EVA TATO, XIANA RODRÍGUEZ E IVAN PICAÑO.

1º BACH. C.

Esta entrada foi publicada en 1 - GENERAL. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta