A Clonación

 

A clonación

A clonación é o proceso de crear unha copia xenética idéntica dun organismo orixinal. Ás veces este término pode aplicarse aos clons “naturais”, como tal os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
A primeira clonación no mundo animal foi realizada en 1952, a partir do óvulo de unha rá, por científicos da Universidade de Pennsylvania, despois do éxito logrado continuaron facendo clonación con ratos.

Tipos:

Clonación molecular

A clonación molecular refírese ao proceso de illar unha secuencia de ADN de interese, inserilo nun plásmido e obter múltiples copias dela nun organismo (xeralmente procariota) por acción da ADN polimerasa. A clonación emprégase frecuentemente para amplificar fragmentos de ADN que conteñen xenes, un paso esencial na análise subsecuente.

Clonación celular

Clonar unha célula significa derivar unha poboación celular a partir dunha soa célula. Ese é un importante procedemento in vitro cando se desexa a expansión dunha soa célula con certas características. Unha valiosa técnica de cultivo de tecido utilizada para clonar distintas liñaxes de células inclúe o uso de aros de clonación.
Imaxe: Dolly

Despois do nacemento de Dolly informouse do nacemento de un mono en Estados Unidos tamén polo procedemento de clonación.
Monos Quiméricos

 

No mundo hai xa máis de 300 mamíferos clonados coa misma técnica que deu lugar a Dolly, con máis ou menos variantes. Iso ao menos estima un dos seus pais, Harry Griffin, do Instituto Roslin, en Edimburgo. Un tercio son vacas, ovellas e cabras, e o resto ratos. Investigase tamén con primates e cans. Pero a comunidade científica non se  recuperou ainda do asombro que lle produciu saber que da célula de un animal adulto podense obter outro exemplar prácticamente igual.

Clonación de organismos

A clonación dun organismo pretende crear un novo organismo coa mesma información xenética que outro xa existente. É un método de reprodución asexual, onde a fertilización non ocorre. En termos xerais, só hai un pai involucrado. Este xeito de reprodución é moi común en organismos coma as amebas e outros seres unicelulares, aínda que a maioría das plantas tamén se reproducen asexualmente.

Clonación Humana

Opinión Persoal
É mester mostremos o noso profundo enraizamento emocional co tópico previamente a discutiren. Para nós, profundizar neste descoñecido tema, supuxo o descubrimento de determinadas curiosidades que nos permitiron imaxinar o desenvolvemento da clonación.

Martín Duro
Héctor Fernández
Bárbara Fernández
Óscar Durán

Esta entrada foi publicada en TAREFAS. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta