A depresión

 

Imaxe: depresión infantil. Fonte: google

A depresión (do latín depressio, significa”opresión”,”encollemento”ou”abatemento”) é unha enfermidade que afecta á psicoloxía das persoas e consiste en sentirse triste, melancólico, abatido…durante un longo período de tempo, chegando a interferir nas súas vidas e nas das persoas do seu arredor. Os síntomas máis habituais son: tristura, perda de interese polas cousas, perda ou aumento de peso, insomnio, perda de enerxía, ideas de morte ou suicidio…

Neste artigo imos centrarnos nun tipo de depresión crecente nestes últimos anos: a depresión infantil. Esta pode aparecer a partir de cambios grandes ou estrés como resultado da morte dun familiar, un divorcio, problemas na escola ou no fogar etc. Normalmente, os rapaces que teñen desordes de conduta ou atención, dificultade na apredizaxe, problemas de saúde mental ou familiares teñen máis risco de padecela.

Os síntomas deste tipo de depresión son diferentes en cada rapaz, pero algúns dos máis obvios son: gran tristura, perda de interese polos xogos, alónxase da familia e amigos, está irritable, elixe finais tristes para as súas historias, queixase de dores físicas, durme pouco, fala de fuxir do fogar ou da morte…

O tratamento da enfermidade consiste basicamente en falar co neno. Ante os síntomas non debemos mirar para outro lado nin restarlle importancia ó asunto, temos que intentar profundizar na psicoloxía do pequeno para saber se está enfermo. Podemos facerlle preguntas para saber como está a súa autoestima, o seu sono, o comportamento…Non se debe expor a situacións estresantes e debemos tentar tranquilizalo en momentos así. Hai que establecer rutinas e horarios para que o rapaz se atope baixo unha disciplina, xa que o axudará. Finalmente debemos recurrir ó tratamento medico en caso de crer que o neno se esta a aillar e que a enfermidade é grave.

Opinión persoal:

Pensamos en facer esta enfermidade porque afecta cada vez a máis persoas, número crecente nos últimos anos. Sempre que nunha sociedade hai unha mala época, esta situación  afecta máis ós rapaces, porque non entenden e non saben afrontar algúns problemas, polo que, ó ser criaturas tan fráxiles, pareceunos importante falar de como se ven afectados e como debemos coidalos.

Feito por:

Justo Fernández, Lorena

García Vicente, Manuel

Montouto López, Ana Isabel

Picallo López, Brais

 

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta