O alzheimer

A enfermidade do alzheimer, tamén denominada “Demencia senil de tipo Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa. Caracterízase pola pérdida de memoria e outras capacidades mentais.

 

Esta enfermidade é a forma máis común de demencia, é incurable e terminal que aparece con bastante frecuencia entre as persoas de máis de 65 anos. Os síntomas como unha identidade nosolóxica foi identificado por Emil Kraepelin mentres que a neuropatoloxía característica foi observada por primeira vez por Alois Alzheimer en 1906.

Opinión personal:  O alzhéimer é unha enfermidade que dexenera pouco a pouco o cerebro e que as persoas que sofren esta enfermidade por ir olvidando á súa familia, ós seus amigos, coñecidos… O que a xente do entorno debe comprender é que a felicidade non ten barreiras, nin sequera unha enfermidade mental.

Valeria Camba Fernandez

Suevia Camba Calvo

Paula Calvo Rey

Abel Carbajal Saborido

Un sorriso non é incompatible co alzheimer.

Historia de Alois Alzheimer y Auguste D.

 

EVOLUCIÓN

A evolución do empeoramento é arredor do 5 ao 15% da cognición (consciencia de si mesmo e dos demais) por ano de doenza, cun período en media de oito anos do seu inicio e o seu último estadio. Coa progresión da doenza pasa a non recoñecer máis os familiares ou ata mesmo a non realizar tarefas simples de hixiene e vestir roupas. Poden aparecer varios casos nunha mesma familia, e tamén pode acontecer casos únicos, sen ningún outro parente afectado, ditos esporádicos.

 

TEORÍA DO ALUMINIO

Os afectados co Alzheimer e outras enfermidades de demencia senil presentan altos niveis de aluminio no seu cerebro. Na revista médica The Lancet (Vol. 343, 23-Ab-94) publicouse un artigo no que se menciona o aluminio como a toxina responsable desta epidemia moderna: “a inxestión de hidróxido de aluminio foi implicada na acumulación de aluminio nos cerebros destes pacientes. A pesar da polémica existente en torno ao papel que ten o aluminio como factor de risco da EA, nos últimos anos os estudos científicos mostraron que este metal podería estar relacionado co desenvolvemento da enfermidade.

 

COMO TRATALO

O tratamento visa a confortar o paciente e retardar o máximo posíbel a evolución da doenza. Algunhas drogas son útiles no inicio, e a súa dose debe personalizarse. Son os inhibidores da acetil-colinesterasa, medicacións que inhiben a encima responsábel da degradación da acetilcolina producida e liberada por un núcleo na base do cerebro (núcleo basal de Meynert)

Perdida de la Memoria y Enfermedad de Alzheimer

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta