Células nai

Son células capaces de autorrenovarse por case infinitas divisións mitóticas, ou ben de continuar a vía de diferenciación celular ata produciren células especializadas. A maioría de tecidos dun individuo adulto posúe unha poboación específica propia de células nai que permiten a súa renovación periódica ou a súa rexeneración cando se produce algún dano tisular. Algunhas células nai adultas son capaces de diferenciarse en máis dun tipo celular, como as células nai mesenquimáticas e as células nai hematopoiéticas, mentres que outras se cre que son precursoras directas das células do tecido no que se atopan, como as células nai da pel ou as células nai gonadais.

As células nai embrionarias son aquelas que se atopan no embrión de ata 4-5 días de idade e que teñen a capacidade de formar todos os tipos celulares dun organismo adulto. Unha característica fundamental das células nai embrionarias é que poden manterse (no corpo ou nunha placa de cultivo) de forma indefinida. O feito de que unha soa célula nai sexa capaz de formar case calquera tipo de célula abre o emprego destas células como forma de experimentación para curar enfermidades ou rexenerar tecidos danados, como ocorre na rama da ciencia denominada enxeñaría de tecidos.

En bioloxía empréganse basicamente dous tipos de células nai.

  • Célula nai embrionaria (pluripotentes): na actualidade son empregadas coma modelo para estudar o desenvolvemento embrionario e para entender cales son os mecanismos e os sinais que permiten a unha célula pluripotente chegar a formar calquera célula plenamente diferenciada do organismo.

 

  • Célula nai adulta:  Son as encargadas de rexenerar tecidos en continuo desgaste (como a pel ou o sangue) ou danados (coma o fígado). A súa capacidade é máis limitada para xerar células especializadas. As células nai hematopoese da medula ósea (encargadas da formación do sangue) son as máis coñecidas e empregadas na clínica dende hai tempo. Na mesma medula, aínda que tamén no sangue do cordón umbilical, no sangue periférico e na graxa corporal atopouse outro tipo de célula nai, denominada mesenquimal que pode diferenciarse en numerosos tipos de células dos tres derivados embrionarios (musculares, vasculares, nerviosas, hematopoéticas, óseas etc.).  Estanse a realizar abundantes ensaios clínicos para substituír tecidos danados por derivados destas células.

 

OPINIÓN:

O seu descubrimento foi moi beneficioso para a mediciña xa que permite crear novos órganos que poden substituir aos dañados, alongando a esperanza de vida das persoas.

Manuel Ferreira, Alexia Domínguez, Adrián Gómez

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta