A Materia Escura

Actualmente, os científicos afirman que o 90% da masa do universo está nunha forma de materia que non se pode ver. Esta é a chamada “materia escura”.

O seu nome débese a que esta materia non emite radiación electromagnética, polo tanto non é visible. Sábese da súa existencia xa que podemos percibir os efectos da súa influencia gravitatoria.

Existen varias teorías que intentan explicar esta materia e que van desde exóticas partículas subatómicas a unha poboación de buracos negros isolados ás menos exóticas ananas marróns e brancas.

No 1933, o astrónomo Fritz Zwicky, plantexou a existencia dunha masa invisible que influía nas velocidades orbitáis das galaxias nos cúmulos. Ademáis tamén inflúe na formación de estruturas e na evolución das galaxias.

Vídeo explicativo sobre que é a materia escura:

http://youtu.be/ER5hPECZdTk

Na nosa opinión este é un tema moi interesante xa que, dentro do mundo do universo, quedan moitas incógnitas que resolver.

 

 

Bibliografía:

http://docs.kde.org/stable/gl/kdeedu/kstars/ai-darkmatter.html
http://es.wikipedia.org/wiki/La_materia_oscura


1. Animávosvos a que contestedes as seguintes preguntas:

-A qué se debe o nome de “Materia Escura”?

-En qué inflúe a Materia Escura?

2. Di se é verdadeiro ou falso:

-A Materia Escura é o 10% da masa do Universo.

-Sábese da súa existencia xa que podemos percibir os efectos da súa influencia gravitatoria.

 

 

Traballo realizado por: Manuel Brea, Ana Vilar, Andrea Barreiro.

Esta entrada foi publicada en O Universo, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.