Exoplanetas

Un exoplaneta ou un planeta extrasolar, é un planeta que orbita unha estrela diferente o sol, é dicir, fora do sistema solar.Non foi descuberto ningún exoplaneta ata os 90. No siglo XVI o filósofo italiano Giordano Bruno , un dos primeiros en apoiar a teoría de Copérnico de que a Terra e outros planetas orbitan o Sol, expresou a opinión de que as estrelas fixas son semellantes ao Sol e polo tanto tamén están acompañadas de planetas.

A día de hoxe, 342 exoplanetas foron atopados, incluíndo algúns controvertidos anuncios feitos nos anos 80 que foron posteriormente confirmados. O primeiro sistema con máis dun planeta orbitando unha estrela foi detectado ó redor da estrela v And. Hoxe en día coñécense ó redor de máis de vinte destes sistemas múltiples. Ademais coñécense catro exoplanetas que orbitan dous púlsares diferentes. Observacións no infravermello de discos de po circumestelares, suxiren a existencia de millóns de cometas en moitos sistemas extrasolares.

Aquí vos deixamos unha imaxe e un enlace duns exoplanetas.

 

Bibliografía:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Planeta_extrasolar

Aquí vos deixamos unhas preguntas:

1. Existe algún exoplaneta que non xire arredor dunha estrela?

2. Como se detectan os exoplanetas?

Conclusión do grupo: Despois de buscar esta información démonos de conta de que non todos os planetas xiran arredor do Sol senón arredor doutro planeta.

Martín Vede.

Vanesa Ferreiro.

Aitana Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en O Universo, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.