Os buratos negros

Para comezar a falar dos buratos negros primeiro temos que saber que son.

Un burato negro é unha rexión finita no espazo que ten a suficiente masa no seu interior para crear un campo gravitatorio do que nin se quera a luz pode escapar.  Están rodeados dunha”fronteira” esférica que permite que a luz entre pero non salga.

Estes pódense clasificar en dous tipos:

-Corpos de alta densidade e pouca masa concentrada nun espacio moi pequeno.

-Corpos de densidade baixa pero masa moi grande, como pasa nos centros das galaxias.

Cando unha estrela ten o tamaño 2,5 veces do Sol, chega un momento do seu ciclo no que nin os neutróns soportan a gravidade e colápsase , entón transfórmase en burato negro.

Nesta imaxe mostramos como se forman:

Con toda esta información o que nós opinamos é que tivo que ser moi complicado poder describir por qué se formaron e clasificalos. Tamén cremos que é impresionante que ata a gravidade dos buratos negros escape deles. Impactounos o gran número de buratos negros que existen no universo e que moitos deles están nos centros das galaxia.

Burato negro Deste tema tan interesante xorden preguntas como estas para que respondades:

-Un burato negro é unha rexión infinita no espazo.

-Hai tres tipos de buratos negros: De alta densidade, de densidade media e de baixa densidade.

-O seu tamaño é 2,5 veces a do Sol.

Aqui deixamos un video sobre dúas preguntas moi interesantes.

www.youtube.com/watch?v=GM_M0FV-j0k

Bibliografía:

http://www.astromia.com/universo/agujerosnegros.htm

Lucia Tilve, Carlos López y Sara Carrasquel. 1 BACH B.

 

 

Esta entrada foi publicada en O Universo, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta