O big bang

O big bang foi a gran explosión que orixinou o universo. Esta teoría sostén que o universo creouse a partir dun estado de masa concentrado nun punto pequeno de alta temperatura. Arno Penzias e Robert Wilson, confirmaron dita teoría no século XX.

O universo de hoxe en día, non se asemella nada ao que xurdiu nos primeiros instantes do big bang. Hoxe sabemos que o noso universo se creou hai uns 13.700 millóns de anos.

Nesta imaxe, móstrase unha secuencia da súa historia.

Imaxe extraída de wikipedia.

Esta imaxe representa o universo cando tiña 380.000 anos. É a máis precisa que existe ata agora do big bang.

Imaxe extraída de http://actualidad.rt.com/

Moitos científicos non sosteñen a teoría do Big Bang, como o astrofísico inglés Fred Hoyle, un dos detractores desta teoría, e á súa vez, un dos principais defensores da teoría do estado estacionario, teoría alternativa á teoría do big bang, que en 1949 durante unha intervención na BBC dixo para burlarse que o modelo descrito era só unha gran explosión. Hai que ter en conta que no inicio do universo non houbo explosión nin foi grande, pois xurdeu dunha singularidade infinitamente pequena, seguida da expansión do propio espacio.

Teoría do Big Bang.

Bibliografía:

  • Libro de texto Ciencias para o mundo contemporáneo- 1ºBacharelato – Obradoiro Santillana – Proxecto A Casa do Saber

Preguntas propostas:

  1. Todos os científicos apoian a teoría do Big Bang.
  2. Fred Hoyle foi o creador da teoría do estado do estacionamento.
  3. Actualmente o universo é igual que cando se produciu a gran explosión .
  4. A teoría do big bang sostén que o universo se formou nun punto pequeno de baixa temperatura.

Traballo realizado por:

Noa Pampín

Cristina Valladares

Estela Martínez

Soraya Domínguez

1ºbacharelato C

 

Esta entrada foi publicada en O Universo, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta