Hipóteses máis actuais sobre a orixe do ser humano.

Actualmente, a discusión sobre este tema baséase en dúas teorías principais: desde o punto de vista científico e desde o punto de vista relixioso.

Moitas das civilizacións universais atoparon unha explicación de carácter relixioso para a orixe do home, vinculada á cultura e ás crenzas de ditos pobos.

Desde o punto de vista científico, existen dúas hipóteses importantes: a teoría lamarckista ou da herdanza dos caracteres adquiridos, e a teoría evolucionista de Darwin.

Os actuais descubrimentos xenéticos a través da investigación, demostraron que os caracteres adquiridos por un individuo durante a súa vida non se transmiten xenéticamente aos seus descendentes. Sumados ás importantes probas estudadas a favor da evolución, a hipótese de Darwin tomou forza e desbotouse a teoría lamarckista.

A teoría da evolución afirma que a especie humana procede dos primates que xa habitaban na terra. Hai 2.3 millóns de anos apareceu en África o primeiro individuo que fabricou ferramentas, o Homo habilis. Evolutivamente consecutivo, o Homo ergaster abandonou África e colonizou outros territorios, como China ou Indonesia. O Homo erectus, xa notablemente evolucionado, comezou a manexar o lume e a comer carne. Hai 200000 anos, apareceron os derradeiros homínidos, os Homo neanderthalensis e o Homo sapiens, e poboaron o resto dos territorios da Terra.

Uxía Brey Gómez, Thais Rey Azurmendi, Candela Rodríguez Búa, Sara Troitiño Cora.

http://www.youtube.com/watch?v=QXRiixo8km8

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA, Orixe da vida e do ser humano. Garda o enlace permanente.