A extinción das especies

Un equipo internacional de científicos atopou máis de 3500 formas de vida no lago Vostok, unha reserva de auga natural subterránea na Antártida que leva aislada da atmósfera terrestre dende hai 15 millóns de anos. Os expertos indicaron que este descubrimento revela a existencia dun complexo ecosistema na zona ‘máis aló do que se podería haber esperado’.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1f/LakeVostok-Location.jpg/283px-LakeVostok-Location.jpg

Imaxe da localización do Lago Vostok, na Antártida. (Imaxe extraída da wikipedia)

‘Encontrouse unha complexidade moito maior do que ninguén podería haber esperado e demostra a tenacidade da vida, e cómo os organismos poden sobrevivir en lugares onde fai un par de docenas de anos, pensábase que non poderían sobrevivir’ apuntou Scott Rogers.

O científico indicou que cando comezou esta investigación ca perforación da capa de xeo que cubría o lago (de 4 kilómetros de grosor) os investigadores crían que tratase dun dos lugares máis hóstiles do planeta para albergar formas de vida. A capa de xeo bloquea completamente a luz do sol e crea unha enorme presión sobre o líquido. Tamén se encontra, literalmente, no lugar máis frío da terra (onde se rexistrou a temperatura máis baixa da terra de -89.2º C. Pero, despois de realizar probas de ADN e ARN na auga foron detectadas miles de formas de vida microscópicas, entre as que predominan bacterias.

Alba Martínez, Lara Pantoja, Jéssica Pantoja e Marta Sayáns. 1ºBACH C.

 

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.