ADN Lixo

Non todo o ADN codifica, e este ADN que non codifica proteinas é maioritariamente ADN lixo.

O xenoma dun organismo é o conxunto de toda a súa información xenética, o noso xenoma está cheo de repeticións, de secuencias lixo que non pertencen a ningún xene. Temos 23.000 xenes e so representa o 2% do xenoma. O 98% restante é o denominado ADN lixo.

Ademais a secuencia de xens eucariotas demostrou que moitos deles están interrumpidos por secuencias extra de de ADN que non se empregan para xerar proteínas e aos que se lles chama intróns. Ademais dos intróns no ADN podemos distinguir outro conxunto de nucleótidos que forman os xenes, estos son os exóns.

O intrón:

Un intrón é unha rexión do ADN que debe ser eliminada da transcrición primaria de ARN, a diferenza dos exóns que son rexións que codifican para unha deeterminada proteína. O número e lonxitude dos intróns varía enormemente entre especies, así como entre xenes dunha mesma especie.

O exón:

O exón é a rexión dun xene que durante o proceso de corte e empalme non é separada, polo cal manténse no ARN mensaxeiro maduro. Nos xenes que codifican unha proteína, son os exóns os que conteñen a información para producir  a proteína codificada no xene. Unha porción específica da proteína completa é codificada por cada exón, de maneira que cada conxunto de exóns forma a rexión codificante do xene.

En resumo, no ADN podemos distinguir :

  • Intróns (porción de ADN dentro dun xen que non se emprega na síntese proteica)
  • Exóns ( porción de ADN dentro dun xene que codifica proteínas)
  • ADN lixo ( que non pertence a nigún xene)

http://youtu.be/zQ6_izi1404

Sandra Iglesias Valladares

Paula Aboy Campos

Mariña Villamayor Dono

Gloria Mallou Tato

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta