Terapia xénica

A terapia xénica consiste na inserción de xenes funcionais ausentes polo xenoma dun individuo. Realízase nas células e tecidos co obxectivo de tratar unha enfermidade ou realizar unha marcaxe.

A técnica aínda está en desenvolvemento, motivo polo cal a súa aplicación lévase principalmente a cabo dentro de ensaios clínicos controlados, e para o tratamento de enfermidades severas, ou ben de tipo hereditario ou adquirido. Ao principio formulouse só para o tratamento de enfermidades xenéticas, pero hoxe en día formúlase xa para case calquera enfermidade. O país que máis ensaios realiza é Estados Unidos.

Entre os criterios para elixir o tipo de terapia encóntranse:

  • Enfermidade letal sen tratamento.
  • A  causa sexa un único xene que estea xa clonado.
  • A regulación do xene sexa precisa e coñecida.

Existen, en teoría, dous tipos de TX: A Terapia Xénica de Células Somáticas e a Terapia Xénica de Células Xerminais, aínda que só a primeira está sendo desenvolvida actualmente.

A TX somática busca introducir os xenes ás células somáticas (isto é, todas as células do organismo que non son gametos ou os seus precursores), e así eliminar as consecuencias clínicas dunha enfermidade xenética herdada ou adquirida. As xeracións futuras non son afectadas porque o xene insertado non pasa a elas.

Aínda  que se utilizaron enfoques moi distintos, na maioría dos estudos de terapia xénica, unha copia do xene funcional insértase no xenoma para compensar o defectivo. Se esta copia simplemente se introduce no hóspede, trátase da terapia xénica de adición. Se tratamos, por medio da recombinación homóloga, de eliminar a copia defectiva e cambiala pola funcional, trátase de terapia de substitución.

Actualmente, o tipo máis común de vectores utilizados son os virus, que poden ser xenéticamente alterados para deixar de ser patóxenos e portar xenes doutros organismos. Non obstante, existen  outros tipos de vectores de orixe non vírico que tamén foron utilizados para iso. Así mesmo, o ADN pode ser introducido no paciente mediante métodos físicos (non biolóxicos) como electroporación, biobalística…

As células diana do paciente inféctanse co vector (no caso de que se trate dun virus) ou transfórmanse co ADN  a introducir. Este ADN, unha vez dentro da célula hóspede, transcríbese e traduce a unha proteína funcional, que vai realizar a súa función, e, en teoría, a corrixir o defecto que causaba a enfermidade.

Terapia Xénica

http://www.terapiagenica.es/

http://es.wikipedia.org/wiki/Terapia_g%C3%A9nica

Feito por Martín Mato Búa e Xián Loureiro Reboredo

 

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta