Un de cada cinco universitarios españoles presenta sobrepeso ou obesidad
Un 20,6 % dos universitarios españoles presenta sobrepeso ou obesidad; un 72,9 %, un peso adecuado ás súas condicións fisiolóxicas; e un 6,3 % non ten unha masa corporal suficiente, según un estudo da Fundación Española da Nutrición (FEN) e o centro de Información ‘Cervexa e Saude’. O estudo “Hábitos alimentarios e estilos de vida dos universitarios españoles: Patrón de consumo de bebidas fermentadas” centrouse en coñecer os comportamentos e estilos de vida dos universitarios españoles con relación á súa nutrición, así como a súa asociación co patrón de consumo de bebidas fermentadas (cervexa, vino e sidra).
A investigación, levada a cabo entre 978 estudiantes de 21 universidades españolas, revela ca población universitaria presenta “unha adherencia intermedia-baixa á dieta mediterránea e un porcentaxe de alumnos non cubre as recomendacións de grupos de alimentos como cereais, frutos secos, legumes, frutas, verduras e aceite”. En relación cas bebidas fermentadas, o estudo concluye que máis da metade dos xoves que consumen cervexa de forma moderada realiza actividade física habitual e que “non se veu ningunha asociación entre a inxesta deste tipo de bebidas cun aumento da masa corporal”.
A investigación considera que os estudiantes, un 60 % dos cales realiza actividade física, non consumen suficiente ferro, magnesio, potasio, vitaminas A, D e E, así como zinc e ácido fólico, e indica que se observa unha crecente relevancia de proteínas e grasas, e inferior de hidratos de carbono. Non habería diferenzas en canto ao Índice de Masa Corporal (IMC) entre os consumidores e non consumidores de cervexa según o estudio e, en este sentido, os estudantes que beben cerveza de forma moderada (menos de unha ao día) “presentan hábitos alimentarios máis cercanos á dieta mediterránea”.
Recordemos que a obesidade é a enfermidade crónica de orixen multifactorial prevenible que se caracteriza por acumulación excesiva de grasa ou hipertrofia general del texido adiposo no corpo; é dicir cando a reserva natural de enerxía dos humanos e outros mamíferos, almacenada en forma de graxa corporal increméntase ata un punto onde se asocia con numerosas complicacións coma certas condicións de saude ou enfermidades e un incremento da mortalidade. O sobrepeso e a obesidade son o quinto factor principal de risco de defunción no mundo.
*Imaxe de Google.
Ler artigo completo.
Jessica Pantoja, Lara Pantoja, Marta Sayáns y Alba Martínez.
1º BACH. C.