Planetas libres

Os planetas libres, son planetas que non orbitan ningunha estrela. Os descubrimentos ata o momento son máis grandes que Xúpiter (de 8 veces a súa masa a 13 veces) e encontranse na nebulosa do Camaleón, (os dous primeiros en descubrirse) e o resto na nebulosa de Orión.

A existencia de planetas fóra do noso sistema solar foi un tema delicado desde que en 1600 o filósofo Giordano Bruno fose queimado na hoguera por propoñer, entre outras cousas, que no universo hai un número infinito de mundos. Hoxe día, non se queima públicamente a ninguén por afirmar que existen planetas extrasolares, pero segue sendo un tema debatido. Ata a data atopáronse máis de 100 planetas en órbita ao redor doutras estrelas, con gran xúbilo da comunidade astronómica. Pero quizá foi maior a conmoción causada polo descubrimento dunhas poucas ducias de planetas extrasolares que non están ligados a estrela algunha. Poucos descubrimentos de obxectos celestes suscitarían tal polémica como estes “planetas libres” ou “planetas illados”.
O problema reside na vaguedad do concepto mesmo de planeta. Algúns dos obxectos achados ao redor doutras estrelas son moito maiores que os planetas xigantes do noso sistema solar; a súa masa decuplica con fartura a de Júpiter (aínda que a maioría só a triplica ou cuadriplica). Ese valor aproxímase á fronteira que separa os planetas doutros corpos subestelares, as enanas marróns, ás que a miúdo se chama “estrelas erradas” porque son demasiado pequenas para producir a fusión do hidrógeno no seu núcleo. As enanas marróns tenden a ponte entre os planetas e as verdadeiras estrelas; os bordos superior e inferior que limitan o seu reino resultan aínda un pouco confusos. (Para aumentar a confusión, ¡suxeriuse non fai moito que as enanas marróns poderían aloxar planetas ao seu ao redor!)

http://www.investigacionyciencia.es/revistas/investigacion-y-ciencia/numeros/2003/5/planetas-libres-y-cmulos-estelares-3830

Santiago Martínez, Manuel Fuentes    1ºA BACH

 

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.