STEPHEN HAWKING

Stephen William Hawking naceu en Oxford (Reino Unido) o 8 de xaneiro 1942. É un físico teórico, astrofísico, cosmólogo e divulgador científico británico. Ten dúas irmás (Philippa e Mary) e un irmán adoptado (Edward). Seu pai encabezaba a división de parasitoloxía do National Institute for Medical Research.

Ao principio dos anos setenta tivo os primeiros síntomas do ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), pero isto non lle impediu progresar na súa actividade intelectual.

A súa muller Jane Wilde, coa que estivo casado 26 anos e coa que tivo 2 fillos e unha filla, tivo que tomar a decisión máis importante da súa vida xa que el empeorara e a infección era moi grave. Isto, sumado á inevitable evolución que seguiría tendo a esclerose lateral amiotrófica, debía considerarse a opción de desconectar a Stephen e deixalo morrer. A outra opción era facerlle unha traqueotomía, o que lle salvaría a vida, pero o deixaría sen fala e sen capacidade de emitir son ningún de por vida.

En 1991 divorciouse debido á depresión da súa muller e catro anos despois volveu a casar pero esta vez coa súa enfermeira (Elaine Mason) coa que estivo 15 anos.

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/h/fotos/hawking.jpg

Nuria Chamosa Gañete

Andrea Couceiro García

Sonia Casal Bugallo

Paula Brey Caramés          1ºA BAC

https://drive.google.com/a/iesgarciabarros.org/file/d/0B4jRxWUQl7a-bjdjdjB5RDZ1eEd4WHd5TDJHUHI3M0RId0NF/view?usp=sharing

Esta entrada foi publicada en Científicos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta