Big Bang

O termo Big Bang ten tres significados:

O primeiro fai referencia ós feitos observables que acreditan a evolución do universo.Un segundo fai referencia ao modelo cosmolóxico explicativo da evolución do universo dende fai 13.800 millóns de anos. E por último úsase nun senso máis técnico, utilizase para describir a explosión ocorrida uns 10-35 segundos despois do instante cero.

A evidencia observacional do Big Bang inclúe a análise do espectro luminoso das galaxias, que revela un desprazamento cara o vermello proporcional á distancia nunha relación descrita pola lei de Hubble.

O apoio teórico do Big Bang vén de modelos matemáticos, chamados modelos de Friedman, que amosan que un Big Bang é consistente coa relatividade xeral e co principio cosmolóxico, que di que as propiedades do universo deberían ser independentes da posición ou orientación.

O modelo do Big Bang, ademais, predí a radiación de fondo cósmico de microondas, un fondo de feble radiación microondas que enche o universo. O descubrimento da radiación do fondo cósmico de microondas en 1964 levou a que os físicos aceptasen, polo xeral, que o Big Bang é o mellor modelo para explicar a orixe e a evolución do universo.

Segundo o modelo do Big Bang, o universo formouse a partir dun estado extremadamente denso e quente. O propio espazo estivo expandíndose dende aquela, arrastrando galaxias (e o resto da materia) con el.

Sepehr Soleymani Collazo, Diana Cerviño Prado 1ºBACH C

1. O termo Big Bang fai referencia ós feitos observables que acreditan a evolución do universo.

2. Segundo o modelo do Big Bang, o universo formouse a partir dun estado extremadamente frío e oscuro.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en O Universo, Redacción. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta