Formación de Planeta

Un planeta é un corpo celeste que (a) xira arredor do Sol (b) ten suficiente masa para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido, de maneira que asuma unha forma de equilibrio hidrostático, de forma esférica, e (c) que despexase a zona da súa órbita

O noso sistema solar consta de oito planetas: Mercurio, Venus, Tierra, Marte, Júpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Plutón, ata 2006 considerábase un planeta, pero pasou a clasificarse como planeta anano, xunto a Ceres e Eris.

Estímase que a formación e evolución do Sistema Solar comezou fai uns 4600 millóns de anos co colapso gravitacional dunha pequena parte dunha nube molecular xigante. A maior parte da masa colapsante reuniuse no centro, formando o Sol, mentres que o resto aplanouse nun disco protoplanetario a partir do cal formáronse os planetas, lúas, asteroides e outros corpos menores do Sistema Solar.

O sistema solar evolucionou moito desde a súa formación inicial. Moitas lúas formaron discos de gas e po circulares ao redor dos planetas aos que pertencen, mentres se cre que outras lúas formáronse de xeito independente e máis tarde foron capturadas polos seus planetas. Aínda outras, como a Lúa da Terra, poden ser o resultado de colisións xigantes. Estas colisións entre corpos foron fundamentais para a evolución do Sistema Solar. As posicións dos planetas desprázanse con frecuencia. Agora crese que esta migración planetaria foi responsable de gran parte da evolución temprana do Sistema Solar.

Existen diferentes teorías da súa formación.

Lucía Sanmartín Constenla

Lucía Vázquez Carballo

1ºBACH C

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta