A teoría ou hipótese do Big Bang (Gran Explosión) para explicar a orixe do universo, é a máis aceptada pola sociedade científica na actualidade.
Según este paradigma o universo comezou fai uns 14.000 millóns de anos cunha gran explosión . Inmediatamente despois de que ocorrera este fenómeno creáronse o espacio, o tempo, a enerxía e a materia. Todo o que nos rodea, a roupa, a auga, as árbores, os nosos coches e casas, absolutamente todo isto está constituido pola materia formada polo Big Bang. O hidróxeno que ten a auga, formouse inmediatamente despois de ocorrer o Bing Bang.
Pero como consecuencia da forza da gravidade ou gravitatoria que atrae aos planetas entre si, o movemento expansivo desacelerarase ata anularse. A partir de este momento producirase unha contración do Universo ata o seu colapso gravitatorio ; Big Crunch (Gran Implosión), desaparecendo entonces na nada.
A teoría continúa asegurando que despois do colapso total, seguirá unha nova expansión, outro Big Bang, e así indefinidamente nunha infinita serie de Big Bang e Big Crunch que se xustificarían tamén un número infinito de universos. A teoría non entra a explicar as causas do Big Bang.
A proba desta teoría débese ao astrónomo Edwin Hubble, que en 1929 observou que este universo estaba expandíndose continuamente e que por tanto, todas as galaxias se alexaban entre sí.
Pero a orixe do Big Bang, é o maior misterio de todos os tempos. A pesar de que a chamamos teoría do Big Bang; o paradóxico é que non nos di nada do Big Bang.
Para máis información: http://www.astromia.com/astronomia/teoriabigbang.htm
Barcala Gosende, Elisa
Cajide Castro, Alba
Rúa Reigada, Míriam
1º BACH A