A primeira imaxe do cometa da misión Rosetta

Xa chegou á Terra a primeira fotografía do cometa 67P coa súa cor orixinal: un ton vermello. Estas imaxes foron capturadas por OSIRIS, unha cámara da nave Rosetta que conta coa participación española.

Algúns expertos din que a cor que presenta a rocha mostra que “existe pouca evidencia de xeo e auga na superficie”. Aínda así non poden asegurar isto completamente, xa que antes deberán comprobar que esta sexa a súa cor verdadeira.

A imaxe será empregada pola Unión Xeofísica Americana para o informe da reunión que se celebrará proximamente.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/12/01/muestran-primera-imagen-color-real-cometa-mision-rosetta/00031417444787710652762.htm

Noelia Villaverde y Taida Sanchez 1BACH C

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta