INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS NA ASTRONOMÍA

A ASTRONOMÍA É O ESTUDO DE TODOS OS OBXECTOS CELESTES

-Estuda case todas as propiedades do Universo dende estrelas, planetas e cometas ata grandes estructuras cosmolóxicas.

-Estuda o existente nun pasado, nun presente e nun futuro.

Aínda que moitas veces pensamos que respecto á astronomía está todo inventado, equivocámonos. Grazas a exploradores como a NASA, máis concretamente o NIAC ( grupo de Conceptos Avanzados e Innovadores) estánse descubrindo novas tecnoloxías que poderían cambiar a conquista do espazo (e con ela a astronomía) que a súa vez son fruto de inventos como o astrolabio, o telescopio…os cales son as bases das innovacións nas que a NASA está a traballar a día de hoxe.

Algúns exemplos destas innovacións son:

1-. Sistemas de propulsión mediante fragmentos de fisión.  As reaccións de fisión nuclear xeran unhas partículas con carga eléctricas, as cales alcanzan o 4% da velocidade da luz. Estas utilízanse como combustible para un reactor, construído a base de polvo de uranio suspendido nun campo eléctrico para expulsalos e crear unha gran forza de empuxe. Un motor así podería propulsar unha nave tripulada por todo o sistema solar.

2-. Xeneración de electricidade mediante sistemas que non utilicen radioisótopos.  Para poder viaxar máis alá de Xúpiter necesitamos xeradores de radioisótopos (RTGs) -ou reactores nucleares- para producir a electricidade necesaria, pero, estes emplean plutonio, o cal é un problema. O plutonio é escaso e a nasa intenta prescindir del, pero non é tan fácil, por sorte estase traballando nun proxecto, para nun futuro poder usar combinacións de litio e hexafluoruro de xofre, aluminio e auga, magnesio e dióxido de carbono ou litio e dióxido de carbono. Estas baterías durarían máis (polo tanto serían máis baratas) servirían non só para explorar o Sistema Solar senón que poderíase chegar aos polos lunares ou a Venus.

3-. Cohetes de hidróxeno metálico sólido.  Estamos a falar dun concepto tan simple como exótico, o hidróxeno atómico -no molecular- en estado metálico e sólido podería ser o combustible máis eficiente nunca antes imaxinado. Cando consigan facer este proxecto realidade, será posible enviar humanos a Marte.

4.- Impresión en 3D de naves espaciales:  A impresión en 3D estase a poñer de moda, pero esta moda, posiblemente pasaxeira, ten as súas consecuencias na astronomía. Os investigadores están tentando levar a práctica a impresión de naves espaciales en 3D para así poder aforrar cuantiosamente os custos de produción e así facer este proceso máis simple, fácil, práctico e eficiente. Se conseguen esto, que pronto será tan natural como respirar, a exploración espacial será máis cotiá e eficiente.

5-. Minisatélites para explorar o Sistema Solar.  Ainda que xa hai satélites explorando o Sistema Solar, estáse a traballar a mellora da súa comunicación coa Terra.

Son moitas e moi variadas as innovacións tecnolóxicas presentes na astronomía actualmente, todas elas novas e útiles, a pregunta que, neste caso a NASA, debe facerse é: Por cales merece a pena apostar e seguir investigando?

 

Aqu temos un exemplo de Astrolabio:

E aqui un exemplo de Impresora 3D da NASA:

 

 

PABLO CERVIÑO CONDE

SALETA MARQUE SEOANE

1ºC BACH

Esta entrada foi publicada en Científicos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta