Casas en la Luna construidas con impresoras 3D

O 21 de xullo de 1969 Neil Armstrong converteuse no primeiro ser humano en pisar a superficie da Lúa. Este primeiro paso, decorado coas famosas palabras “É un pequeno paso para o home, un gran paso para a humanidade” (traducido do inglés “That’s one small step for a man, one giant leap for mankind”) iniciou UE un camiño espacial actualmente imparable e absolutamente necesario para comprender o universo.

Despois da chegada á lúa  de varias misións espaciais parece que o interés polo noso satélite natural perdeu o interés para as distintas axencias espaciais do mundo. Agora, tras o éxito da misión Rosetta, co primeiro aterrizaxe nun cometa, as chegadas de varias inxenios a Marte, a posta en órbita de desenrolados satélites que miden distintos valores espaciais, etc., parece que a Lúa retomou a súa importancia no coñecemento da dinámica do espazo e, por riba de todo, como unha proba para futuras misións a outros planetas.

Obviamente, ao ser o satelite o planeta máis próximo á Terra, tamén é o primeiro no camiño cara a exploración de novos lugares habitables. Polo tanto, non é sorprendente que se plantee a posibilidade de que, no futuro, existan bases na Lúa onde poidan vivir os humanos. Pero, como se construiría? Quen podería facelo? Coa chegada das impresoras 3D abriuse unha porta a creación automática e robótica de tales bases lunares.

E é que a lúa, debido á súa masa (moito menor que a da Terra) non ten atmosfera que a rodee. Isto implica non só que non hai osíxeno para que o ser humano poida respirar,  senón que tampouco existe a protección contra a luz solar e o impacto de meteoritos. Por iso, a construción da base de datos no caso de querer crear un lugar habitable para os seres humanos é imprescindible.

Para eso Foster + Partners, aproveitando conceptos arquitectónicos e unha tecnoloxía futura, creou un proxecto dunha misión para construír unha base na Lúa usando impresoras 3D e aproveitando os materiais da propia supercie do noso satélite. O lugar escollido para a teórica construción  sería o borde do cráter Shackleton,no polo sur da Lúa, porque segundo a rotación da mesma, é unha área bañada case continuamente pola luz, o que proporcionaría a enerxía solar para que as máquinas traballen de forma continua. Ademáis, este lugar permitiría reducir os extremos térmicos, que se producen na lúa, onde a temperatura pode variar máis de 100 º C.

En calquera caso, esta aínda é unha idea viable só no papel e na que os técnicos das distintas axencias espaciais deben traballar para que se leve a cabo.

Pablo Cerviño Conde
Saleta Marque Seoane
1ºBach C
Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta