Condicións de vida no río Tinto

O Tinto é un pequeno río andaluz de España pertencente á vertente atlántica da Península Ibérica . A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros.

As súas augas vermellas (que xustifican o nome de tinto) caracterízanse por un pH de 2.2 ,que evidencia unha elevada acidez, o que unido ao alto contido en metais e á escaseza de oxíxeno, indican un medio nada favorábel para o desenvolvemento da vida. Porén, tense descuberto que desde antes da aparición do ser humano, nas súas augas especiais vivían microorganismos que se alimentaban tan só de minerais, adaptándose a condicións tan extremas. Por iso a NASA elixiu o río como un hábitat a investigar polas posíbeis similitudes co ambiente do planeta Marte. Onde o CAB, centro mixto do CSIC e do INTA asociado ao NASA Astrobiology Institute, desenvolve varios proxectos. Alí estudou Amils estes microorganismos que viven en condicións extremas debido á grande acidez e alta concentración de metais pesados no río. O seu coñecemento podería servir para determinar posibles condicións de aparición e desenvolvemento de vida en outros planetas non ligadas aos parámetros habituais.

Eva García y  Marta Nogueira 1ºBACH C

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta