A orixe do ser humano

A orixe do home, referido á orixe ou comezo da especie humana, remite a dúas perspectivas moi distintas. A visión científica sitúa a especie humana como unha máis na evolución biolóxica dos organismos vivos da Terra. A visión mítica e relixiosa, a antropogonía, concibe, en xeral, a orixe do home como un acto de vontade dun ou varios deuses.

Na selva vivían os antecesores da familia homínidos, á que pertencemos os humanos. O cambio climático impulsou algúns  destes animais a modificar os seus hábitos Así que os mutantes de tendencias bípedes terían  vantaxe. Sabemos que hai 4  millóns de anos xa había seres bípedes: os primeiros Australopithecus. A continuación, pequenas poboacións destes homínidos estendéronse rapidamente por toda África.

Isto explícase grazas á teoría da evolución, formulada por Charles Darwin, que explicaba que os seres vivos sufrían cambios na súa fisionomía e comportamento para así adaptarse mellor ó medio no que vivían.

O seu corpo e especie foi evolucionando:


">

Federico Biestro Nieves e Iago Cribeiro Penas

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA, Orixe da vida e do ser humano. Garda o enlace permanente.