Como se extinguiron os dinosaurios?

A extinción dos dinosaurios é unha incógnita que acompaña ao home dende hai uns 65 millóns de anos. Son moitas e moi diversas as teorías que explican a fin do Cretácico e o comezo do Paleógeno. As tres más probables son as seguintes:

  • “O Impacto dun asteroide na Terra”: dícese que este asterode impactou na península do Yucatán (México). Isto provocou unha gran nube de pó que orixinou chuvias tóxicas, destruíndo moita vexetación. Por esta razón os dinosaurios herbívoros non tiñan alimento, o que afectou á cadea trófica, e en consecuencia os dinosaurios extinguíronse.
  • “A intensa actividade volcánica”: esta continua actividade puido ser a responsable da creación de grandes nubes de iridio e pó que taparon os raios solares. Isto provocou un cambio climático, cambio ao que non se puideron adaptar os dinosaurios.
  • A Idade de xeo”: non hai ningunha evidencia, pero existe a posibilidade de que a Terra sufrira unha era glacial e unha gran parte fora cuberta polo xeo, deixando aos dinosaurios sen alimentos para sobrevivir.

As anteriores teorías non son as únicas. Existen moitas outras, ainda que menos posibles e máis disparatadas. Falamos así de: epidermias, competición con outros mamíferos, animais que se alimentaban dos seus ovos, inxesta das súas propias crías, exceso de machos, desafío dos vermes, extraterrestres…

Por outra parte, tamén existe “a extinción dos dinosaurios segundo a Biblia”. Esta defende que Deus matou a estes animais para que o home puidese renacer da terra. Esta teoría non ten repercusión a causa do gran avance científico.

En moitas ocasións, os científicos defenden que o fenómeno puido ser causado por un conxunto de varias teorías. Aínda así, é moi dificil chegar a un acordo, xa que quedan moitas incógnitas sen resolver.

Aquí vos deixamos un vídeo que explica a teoría do impacto dun meteorito.

https://www.youtube.com/watch?v=PBxt6hrEKwE

Noelia Villaverde Rodríguez y Taida Sánchez Rego  1 º BACH C

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA, Orixe da vida e do ser humano. Garda o enlace permanente.