As grandes extincións

http://2.bp.blogspot.com/-WPrH0lkoesw/T5hVWYZ9K0I/AAAAAAAABcM/MBuTxE9qTU8/s1600/gr%C3%A1fico+extinciones%5B1%5D.jpg

Primeira gran extinción: Extinción masiva do Ordovícico-Silúrico

Fai aproximadamente 444 millóns de anos, dúas extincións masivas marcaron a transición entre os períodos Ordovícicos e Silúrico que, se se contan xuntas, foron a segunda extinción masiva máis tráxica na historia da Terra. O primeiro evento ocorreu tras o cambio drástico dos hábitats mariños ao descender o nivel do mar; o segundo, entre cincocentos mil e un millón de anos máis tarde, polo contrario, o crecemento do nivel de mar rapidamente. A teoría máis aceptada explica que a primeira parte da extinción foi causada ao inicio dunha larga idade de xeo que provocou a formación de grandes glaciares no supercontinente Gondwana e, por conseguinte, a baixada do nivel do mar. A segunda, en cambio, surxiu tras a finalización da idade de xeo, a fundición dos glaciares e o posterior aumento do nivel do mar.

Segunda gran extinción: Extinción masiva do Devónico

Fai 360 millóns de anos produciuse a extinción masiva do Devónico, na transición entre os períodos Devónico e Carbonífero, no cal o 70% das especies desapareceron. Durou uns tres millóns de anos. Esta extinción masiva tivo maior influencia en mares que en continentes, e en latitudes tropicais que en medias. É considerada a “Idade dos peixes”. Os corais, dominantes deste período, desapareceron ao igual que algúns grupos planctónicos como os graptolites e os tentaculites. Os acritarcos, ostrácodos, ammonoideos e algunhas clases de peixes (os placodermos e os estracodermos) desapareceron. Extinguíronse o 85% de xéneros de braquiópodos e ammonoideos, ademais de numerosos tipos de gasterópodos e trilobites. Nos medios terrestres, as plantas vasculares non se ven afectadas por esta pérdida xeral.

Terceira gran extinción: Extinción masiva do Pérmico-Triásico

Ocorrida aproximadamente fai 251 millóns de anos, define o límite entre a era Primaria e a Secundaria, entre os períodos Pérmico e Triásico. É coñecida como “A Gran Mortandade”, por ser a catástrofe máis grande que coñeceu a vida na Terra. As causas desta gran hecatombe son variables. Baráxase entre un vulcanismo extremo, un impacto dun asteroide de gran tamaño, a explosión dunha supernova cercana ou a liberación de grandes cantidades de gases de invernadoiro. Un estudio publicado en Nature Geoscience suxire que unha causa da Gran Mortandade casi apocalíptica, que matou o 96% das especies mariñas e o 70% dos organismos terrestres vertebrados, foi unha explosión volcánica en depósitos siberianos de carbón e esquisto. En poucos días, a cinza da erupción, que descendeu en forma de choiva sobre o Ártico Canadiense, absorbeu o osíxeno da auga e liberou elementos tóxicos.

Cuarta gran extinción: Extinción masiva do Triásico-Xurásico

Corresponde ca extinción masiva do Triásico-Xurásico, a terceira máis catastrófica. Afectou de maneira importante á vida na superficie e nos océanos da Terra, desaparecendo cerca do 20% das familias biolóxicas mariñas (aínda que a maioría destes grupos recupéranse no Xurásico), o que equivale a aproximadamente ao 75% dos invertebrados mariños. Extinguíronse varios grupos de arcosaurios, dos que só sobreviviron tres: Crocodilia, Dinosauria e Pterosauria. Tamén destaca a extinción total dos sinápsidos en mamíferos como o Thrinaxodon. A causa foi probablemente volcánica. Nin os cambios climáticos graduais, nin os cambios no nivel del mar, nin o posible impacto dun asteroide, nin a posibilidade de erupcións volcánicas masivas explican este suceso ocorrido.

Quinta gran extinción: Extinción masiva do Cretácico-Terciario

Data de fai 65 millóns de anos, e é a máis recente e famosa, xa que supuxo a extinción dos dinosaurios, que habitaron o planeta durante máis de 150 millóns de anos.

Sexta gran extinción

As extincións non son ningunha novidade no noso planeta. Os animais sobreviviron durante millóns de anos ao vulcanismo masivo, impactos de meteoritos e outras dificultades todavía non aclaradas; pero os seres humanos estamos sendo os causantes da sexta extinción masiva. Nos últimos 500 anos os humanos desencadearon unha ola de extinción, ameaza e declive das poboacións locais de animais que pode ser comparable, tanto en velocidade como en magnitude, coas cinco previas extincións masivas da historia da Terra.
A pérdida de especies animais afectará en cascada ao funcionamento dos ecosistemas e finalmente ao benestar humano.


https://bibliotecadeinvestigaciones.wordpress.com/ecologia/las_5_extinciones_en_masa/

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/07/24/actualidad/1406224017_140906.html

http://2.bp.blogspot.com/-WPrH0lkoesw/T5hVWYZ9K0I/AAAAAAAABcM/MBuTxE9qTU8/s1600/gr%C3%A1fico+extinciones%5B1%5D.jpg

González Barreira, Cristina

Pazos Torres, Alba

Vega Crego, Aida

1º Bach B

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA, Orixe da vida e do ser humano. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta