Superbacterias

As superbacterias son aquelas bacterias que contan con resitencia antibiótica, a habilidade de resistir os efectos dos antibióticos.  Esta resistencia aparece por selección natural a través de mutacións xenéticas producidas ó azar. O antibiótico, ó entrar en contacto ca poboación bacteriana, só permite proliferar a aquelas bacterias que desenvolveron naturalmente a capacidade de anular a acción da medicina.

Todas bacterias resultantes posúen estes xenes de resistencia, e as que portan varios deles son as chamadas superbacterias.

Actualmente as superbacterias son un problema de saúde pública mundial.

Entre os anos 40 e 60 produciuse o maior descubrimento e introdución de antibióticos, como a penicilina, que permitiron curar infeccións que podían ser mortais e agora son amenazas leves. Nos últimos tempos, o arsenal contra os microorganismos patóxenos mantívose estancado, mentres que as bacterias foron desenvolvendo resistencia ós antibióticos existentes. Un motivo desta situación pode ser a falta de interés da industria farmacéutica, que teme investir en proxectos de antibióticos polo risco de que as bacterias se adapten ao medicamento antes de que eles recuperen os cartos do investimento. Outro factor tamén pode ser o esgotamento de caladeiros onde os microbiólogos poidan encontrar antibacterianos.

As novas tecnoloxías poden axudar a combatir as superbacterias, por exemplo, permitindo ampliar o espazo de búsqueda de antibióticos. Ca creación dunhas membranas semipermeables, nos laboratorios pódense almacenar moitas máis bacterias nun entorno controlado sen separalas do seu entorno natural. Desta maneira, increméntanse as posibilidades de atopar antibióticos útiles. Un exemplo é a teixobactina, atopada grazas a este método, que actúa contra as bacterias causantes da diarrea e o ántrax.

As superbacterias son un grave problema, sobre todo en hospitais, onde se poden contaxiar facilmente entre persoas con outras enfermidades e que teñen poucos recursos para defenderse. As novas tecnoloxías poden ser a mellor ferramenta para facer fronte a este risco.

Vídeo sobre as superbacterias

Fontes:

http://elpais.com/elpais/2015/01/07/ciencia/1420651243_369191.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Resistencia_a_antibi%C3%B3ticos

Participantes: Ángel Sanmartín Durán, Adrián Ferreiro García.

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA, Enfermidades. Garda o enlace permanente.