A extinción dos dinosauros

Os científicos adoitan coincidir en torno a dúas hipóteses que poderían explicar a extinción do Cretácico: un impacto extraterrestre, por exemplo un asteroide ou un cometa, ou un período de grande actividade volcánica. Calquera dos dous escenarios tería privado á Terra da enerxía do sol, impedindo a fotosíntese e estendendo a destrución da cadea alimenticia. Unha vez que se asentou o po, os gases de efecto invernadoiro bloqueados na atmosfera terían provocado que se disparase a temperatura, un repentino cambio climático rematou con moito da vida que logrou sobrevivir á prolongada escuridade.

Asteroide ou volcáns?

A teoría do impacto extraterrestre provén do descubrimento de que un estrato de rocha que data precisamente da época da extinción é rico en iridio. Este estrato encóntrase en todo o planeta, na terra e nos océanos. O iridio é raro na Terra pero encóntrase nos meteoritos coa mesma concentración que neste iridio. Isto conduciu os científicos a afirmar que o iridio se esparciu polo planeta cando un cometa ou un asteroide caeu nalgún lugar da Terra e a continuación se evaporou. Un cráter de 180 quilómetros de ancho formado na Península de Yucatán de México, chamado Chicxulub, descubriuse dende entón e fixouse a súa antigüidade en 65 millóns de anos. Moitos científicos cren que a chuvia radiactiva causada polo impacto matou os dinosauros.

Pero o núcleo da Terra tamén é rico en iridio, e o núcleo é a orixe do magma que algúns científicos afirman que expulsou en enormes torrentes que se amorearon en máis de 2,4 quilómetros de anchura sobre 2,6 millóns de quilómetros cadrados da India. Este período de actividade volcánica tamén se calculou que aconteceu hai 65 millóns de anos e tería estendido o iridio por todo o planeta, xunto co po, que ocultaba a luz solar e os gases de efecto invernadoiro.

Algúns científicos cren que ambas as dúas hipóteses puideron contribuír á extinción, e outros suxiren que a causa real foi un cambio máis gradual do clima e do nivel do mar. Independentemente do que provocou a extinción, marcou o fin do reino de terror do Tyrannosaurio rex e abriu a porta a que os mamíferos se diversificasen rapidamente e evolucionasen.

Sonia Casal e Paula Brey

1º Bach A

http://www.nationalgeographic.es/ciencia/mundos-prehistoricos-/dinosaur-extinction

Vídeo da teoría do impacto extraterrestre: https://www.youtube.com/watch?v=Z-SW64FR6cQ

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta