AS GRANDES EXTINCIÓNS.

Introdución:

Ao longo da historia terrestre, a biodiversidade sufriu grandes extincións masivas que chegaron a extinguir ata o 95% das especies existentes. Aquí recollense ditas extincións, especificando de forma especial a data do suceso, das especies prexudicadas e das causas.

 

Primeira gran extinción:

Coñecida tamén como “A extinción masiva do Cámbrico-Ordovícico”, tivo lugar a principios da era Paleozoica. Naquela época a vida concentrabase enteiramente no mar, o que explica que os seres mariños foran os únicos afectados por dita extinción de causa imprecisa.

 

Segunda gran extinción:

Fai aproximadamente 444 millóns de anos dúas extincións masivas marcaron a transición entre os períodos Ordovícicos e Silúrico que, se se contan xuntas, foron a segunda extinción masiva máis tráxica na historia da Terra.

 

Terceira gran extinción

O paso do período entre o Silúrico e o Devónico ven marcado por esta extinción masiva que tivo maior influencia en mares que en continentes, e en latitudes tropicais que en medias.

 

Cuarta gran extinción:

Ocorrida aproximadamente fai 251 millóns de anos, define o límite entre a era Primaria e a Secundaria, entre os períodos Pérmico e Triásico. É coñecida como “A Grande Mortandade”, por ser a máis dramática das extincións ocorridas na Terra.

 

Quinta gran extinción:

Corresponde coa extinción masiva do Triásico-Xurásico, a terceira máis catastrófica. Afectou de maneira importante a vida na superficie e nos océanos da Terra, desaparecendo cerca do 20% das familias biolóxicas mariñas (aínda que a maioría destos grupos se recuperan no Xurásico) o que equivale a aproximadamente o 75% dos invertebrados mariños.

 

http://www.monografias.com/trabajos64/grandes-extinciones/grandes-extinciones2.shtml

http://es.slideshare.net/juanpablomoliterno/grandes-extinciones-de-especies

 

María Janeiro Couceiro

Clara Villamayor Rey.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta