ESPECIES INVASORAS

As especies invasoras son animais, plantas  ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión, onde resultan daniños. Que unha especie invasora resulta daniña, significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, poñendo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas). Debido aos seus impactos nos ecosistemas onde foron introducidas tales especies son consideradas enxeñeiros de ecosistemas.

Os seres humanos teñen causado cambios sen precedentes nos ecosistemas de todo o planeta e redistribuíron as especies vexetais e animais de forma voluntaria ou accidental. Como consecuencia destes cambios certas especies teñen un comportamento invasivo nas localidades de introdución, sendo máis susceptibles os hábitats alterados ou degradados. Estas invasións levan asociadas varios problemas. A nivel ecolóxico destaca a perda de diversidade autóctona e a degradación dos hábitats invadidos. Economicamente son importantes os efectos directos sobre as actividades agropecuarias e a saúde pública. Unha vez detectada a invasión, o seu control e erradicación son custosos e non sempre posibles. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización.

As 10 especies invasoras máis preocupantes

Marcos Rosende Sáez, Santi Martínez Rey   1ºA BACH

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta