Probas de evolución

A evolución é o proceso maís importante que afecta ós seres vivos. Comezou coa aparición da vida, aínda que as súas consecuencias tardan millóns de anos en manifestarse. É un proceso imparable, xa que todo está cambiando de forma lenta pero continua. A evolución sucede pola necesidade das especies a adaptarse, todas as especies da actualidade proceden dunha especie anterior adaptada e evolucionada.

Grazas a unha serie de feitos podemos demostrar a súa existencia. Por exemplo, hoxe en día existen especies ,que habitan en lugares relacionados entre sí polas súas características ou proximidade, que son moi similares.

Isto explícase grazas á teoría da evolución, de Charles Darwin, que explicaba que os seres vivos sufrían cambios na súa fisionomía e comportamento para así adaptarse mellor ó medio no que vivían. Dese xeito unha mesma especie escindíase en dúas distintas e así sucesivamente.

Clic aquí para ver un video no que se explíca moi ben a teoría de Darwin.

Rita Carbia y Paula Vilar

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta