A NASA volverá a lanzar ós seus astronautas ao espacio con naves privadas en 2017

O programa de ‘taxis espaciais’ que a NASA cedeu a contratistas privados para volver lanzar astronautas á Estación Espacial Internacional (ISS), sen seguir dependendo das naves rusas Soyuz, terá o seu primeiro voo tripulado en xullo de 2017.

Segundo Boeing, os plans inclúen unha proba de lanzamento abortado en febreiro de 2017, seguido dunha proba de voo sen tripulación en abril dese mesmo ano, despois un voo cun piloto de probas de Boeing e finalmente un voo cun astronauta da NASA.

Polo seu lado, SpaceX ten prevista unha proba de aborto en plataforma en aproximadamente un mes, e logo esta previsto realizar unha proba de voo sen tripulación para finais de 2016 e outro tripulado a principios de 2017.

Os funcionarios do Programa Commercial Crew da NASA, Boeing e SpaceX, revelaron algúns dos detalles dos seus plans para contar cun sistema de lanzamento operativo tripulado que reconecte a Estados Unidos coa ISS mediante naves tripuladas. Dende o a xunilación dos transbordadores, todas as tripulacións chegan en naves rusas Soyuz.

  • Dúas naves:

A NASA seleccionou a Boeing e SpaceX en setembro de 2014 coas súas naves respectivas, CST-100 e Crew Dragon, xunto cos foguetes que os elevarán en órbita e todas as redes esenciais para a seguridade dos voos e operacións en terra da misión.

A diferenza doutras naves espaciais da NASA, esta nova xeración de vehículos tripulados será deseñado, construído e operado polas propias empresas propietarias.

A nova nave espacial permitirá ampliar a tripulación da estación a sete astronautas e cosmonautas, o que significa o dobre de tempo para a investigación a bordo, 80 horas á semana en lugar da actual 40. Ademais, a privatización do voo á órbita baixa da Terra permitirá á NASA centrarse nos desafíos da exploración do espazo profundo e a viaxe a Marte co foguete SLS e a nave espacial Orion.

Un astronauta de la NASA durante una evaluación de la nave Boeing...

Información e fotografía: El Mundo

Lucía Sanmartín Constenla

Lucía Vázquez Carballo

1º Bach C

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.