A extinción da raza humana según Hawking

Según Stephen Hawking o fin da raza humana podería chegar de moitos xeitos diferentes:

“O desenrolo da intelixencia artificial podería ser o maior logro humano.Por desgraza, tamén podería ser o último se non aprendemos a evitar os seus riscos”.

Por unha banda considera que os esforzos en crear intelixencia artificial pode poñer en risco a supervivencia dos seres humanos.
Os robots poderían chegar a tomar o control e rediseñarse a si mesmos para desbancar a raza humana. Está seguro de que o desenrolo descontrolado de robots intelixentes son unha verdadeira ameaza para o futuro da humanidade. Ou eles, ou nós.

A continuación, un trailer da película Autómata que trata este tema:


Por outra parte tamén ve imprescindible a colonización doutros planetas xa que de non facelo calquera  problema como unha guerra nuclear, un asteroide que colisione contra a Terra… podería acabar coa nosa existencia. O célebre físico, facendo referencia a teorías complexas e á velocidade da luz, sinala que os avances teóricos poderían revolucionar a velocidade das viaxes ao espazo e facer posible tales colonias. O científico británico manifestou que para poder sobrevivir, o home tería que aventurarse a viaxar a outros planetas habitables que orbiten en torno a outra estrela, pero cos combustibles químicos que actualmente se utilizan tardaría uns 50.000 anos en chegar a eles. Tamén suxire que unha propulsión similar á utilizada pola nave espacial de ficción Enterprise podería solucionar o problema.

O físico declarou que os próximos 100 anos serán a verdadeira era espacial para solucionar a inminente extinción do ser humano. El cre que haberá asentamentos humanos na Lúa dentro de 50 anos e que nesa época o home estará máis preto de pisar Marte que según el non estará habitado ata 2100.

“O noso planeta é un vello mundo, amenazado cunha poboación cada vez maior e con recursos finitos. Debemos anticipar esas ameazas e ter un plan B” indicou Hawking. Neste sentido, engadiu que,” se a especie humana quere sobrevivir máis alá dos próximos 100 anos, é imprescindible que atravese a negrura do espazo para colonizar novos mundos a través do cosmos”.


Tania Neira Iglesias

Dolores Loureiro Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Orixe da vida e do ser humano. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta