O darwinismo é un termo co cal as ideas de Charles Darwin, especialmente en relación á evolución biolóxica por selección natural son descritos. Darwinismo non é sinónimo de evolución, este último é anterior a Charles Darwin, as teorías darwinistas son evolucionistas; pero a súa aportación clave é a selección natural, concepto clave para explicar a evolución, e nun posterior desenvolvemento permitirá a formulación da teoría da evolución actual.
Lamarckismo é o termo usado para referirse a teoría da evolución feita por Lamarck. En 1809, no seu libro Filosofía Zoolóxica propuxo que as formas de vida non foran creadas ou se mantiveran inalteradas, como era aceptado na súa época, pero habían evolucionado dende formas de vida máis simples. Describiu as condicións que levaran á evolución da vida e propuxo o mecanismo polo cal evolucionaron. A teoría de Lamarck é a primeira teoría da evolución biolóxica, adiantándose cincuenta anos á formulación de darwin da teoría da selección natural.
As diferenzas das dúas teorías son que a de Lamarck falaba de órganos en uso e desuso, desaparecendo os órganos en desuso, a de Darwin falaba de unha adaptación ao medio no que se necesita sobrevivir; Lamarck establece que os cambios son caracteres adquiridos e son herdables, mentres que Darwin di que todos os seres varían e algunhas destas variacións son transmitidas á seguinte xeración.
A continuación poderedes ver un documental no cal se explica mais detalladamente este tema.
Fernando Vázquez e Rubén Bustel