Abellas Drones

As abellas desaparecen. E esta non é unha extinción calquera. A desaparición dun ser vivo é unha mala noticia para o medio, pero no caso das abellas é moito máis, é un grave problema, xa que moitas flores dependen destes insectos para levar a cabo a súa polinización. Noutras palabras, moitas plantas dependen das abellas para a súa supervivencia.

Xa hai países que están a tomar medidas sobre o asunto. A Unión Europea prohibiu os pesticidas que afectan ás abellas, desorientándoas de modo que non son capaces de volver á colmea. Que máis se pode facer? Un equipo de científicos das Universidades de Harvard e Northeastern cren que se podería polinizar as flores con abellas robot (drones).

Aínda que un dispositivo artificial nunca será o mesmo que un ser vivo, os citados científicos cren que, polo menos, se podería suplir o gran traballo polinizador que realizan estes insectos. Por iso, están a deseñar un enxame de abellas robot, case poderiamos dicir que son pequenos drones, para polinizar as flores.

O proxecto, segundo contan os propios científicos, comezou a coller forma en 2009, cando se decataron do importante papel desempeñado polas abellas e os problemas que ía causar a súa paulatina desaparición. Entón preguntáronse se se poderían deseñar abellas mecánicas que puidesen replicar o traballo das verdadeiras.

A idea non era só imitar o comportamento de cada exemplar, a viaxe á flor e a dispersión do pole, senón as interaccións que se producen entre a colmea, entre miles de abellas entre si. De momento, crearon as primeiras abellas robot. O seguinte paso é conseguir que miles delas cooperen coma se fose unha colmea de verdade.

É o proxecto Micro Air Vehicles, que ten como obxectivo desenvolver a robótica en miniatura. Para iso, deseña sensores intelixentes e algoritmos de procesamento capaces de crear máquinas independentes.

Aínda que a súa función principal sería polinizar as flores, as abellas robot poderíanse usar tamén para localizar persoas atrapadas tras un desastre ou para explorar lugares perigosos ou inaccesibles para o ser humano.

http://www.ecologiaverde.com/abejas-robot-para-polinizar-las-flores/

https://paginatransversal.wordpress.com/tag/abejas-drones/

Santiago Martinez Rey       1ºA BACH

Marcos Rosende Sáez

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta