bacterias superdegradadoras e bacterias superproductoras

Tranxénicos: A biotecnoloxía permítenos xerar variantes de interés seleccionadas mediante a mellora xenéntica, introducindo na especie un xen que non é propio dela. Son organismos tranxénicos aqueles modificados xenéticamente e que portan un xen extraño (transxen).

Así obtivéronse:

-Bacterias superdegradadoras de manchas de petróleo.

-Bacterias superprodutoras de plásticos biodegradables.

Bacterias superprodutoras de plásticos: os polihidroxialcanoatos (PHAs) son bioplásticos producidos intracelularmente por estas bacterias, poseen propiedades termoplásticas, son biodegradables, biocompatibles, e teñen un alto grado de polimerización e cristalización.

Bacterias superdegradadoras de manchas de petróleo: a elevada complexidade da composición do cru de petróleo e derivados, implica a existencia dunha ampla capacidade encimática se se quere conseguir unha degradación significativa do cru. A maior parte dos estudos realizados leváronse a cabo con cepas bacterianas individuais ou coa combinación de diferentes cepas ailladas. Na maioría dos casos, son degradadoras de alcanos, debido a que os alcanos son os compoñentes máis abundantes do cru de petróleo. Non obstante, nalgúns casos, estas cepas teñen a capacidade de oxidar selectivamente as cadeas alquílicas de certos HAPs alguilados, compostos abundantes no cru. Recentemente, describiron algunhas cepas coa capacidade de degradar tanto HAPs de elevado peso molecular como alcanos pero esta, non parece que sexa unha norma xeral. De feito, os degradadores de alcanos citados abitualmente na bibliografía, xeralmente non son capaces de romper o anel aromático dos HAPs, mentres que os degradadores de HAPs xeralemnte non medran con alcanos. A alternativa á utilización de cepas individuais é a obtención e utilización de cultivos mixtos, os cales poden ser consorcios definidos e consorcios non definidos. Os consorcios definidos caracterízanse por ser unha combinación de cepas ailladas con capacidades degradativas coñecidas que son complementarias entre si. Os consorcios non definidos caracterízanse por ser o resultado de procesos directos de enriquecemento a partir de mostras ambientais con historia previa de contaminación e, polo tanto, non son o resultado dunha combinación de cepas previamente ailladas.

Tania Neira Iglesias

Dolores Loureiro Piñeiro

 

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta