Industria farmacéutica

A industria farmacéutica é un sector empresarial dedicado á fabricación, preparación e comercialización de produtos químicos medicinais para o tratamento e a prevención de enfermidades .

-INTERFERÓN HUMANO:

O descubrimento destas moléculas, en 1950, provén da observación de que os individuos infectados por un virus son resistentes á infección por un segundo tipo de virus.

Os interferóns son unhas proteínas producidas naturalmente por o sistema inmunitario da maioría dos animais como resposta a axentes patóxenos, tales como o virus e as células canceríxenas. Os interferóns son glicoproteínas da clase das citocinas. Reciben ese nome debido a súa capacidade para interferir na replicación dos virus nas células hospedadoras.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/1RH2_Recombinant_Human_Interferon-Alpha_2b-01.png/220px-1RH2_Recombinant_Human_Interferon-Alpha_2b-01.png

Estes únense a receptores na superficie das células infectadas, activando diferentes vías de señalización nas que participan diversas proteínas antivirales, para impedir a replicación dunha amplia variedade de virus de ARN e ADN. Outros dos síntomas relacionados coa producción de interferóns durante a infección  son a dor muscular e a febre.

TIPOS:

  • O primeiro tipo está composto por 14 diferentes isoformas do interferón alfa, e isoformas individuais beta, omega, epsilon e kappa.
  • O segundo tipo consiste no interferón gamma.
  • Recentemente descubriuse unha terceira clase de inteferon, o lambda, con 3 isoformas diferentes.

USOS FARMALÓXICOS:

A produción de interferón sérvese da tecnoloxía de recombinación de ADN, permitindo o cultivo masivo e purificación das emisións bacterianas.

Actualmente existen varios tipos de interferón que foron aprobados para o seu uso en humanos como tratamento do cancro. A inxección de interferón nos músculos, veas ou baixo a pel é comunmente ben tolerada. Os efectos secundarios máis frecuentes son síntomas catarrais: febre, malestar, cansazo, dor de cabeza, dor muscular e convulsións. Raras veces, os pacientes experimentan caída do cabelo e depresión. Todos os efectos coñecidos son reversibles e desaparecen aos poucos días de abandonar o tratamento.

O interferón alpha foi usado no tratamento da hepatite C e da leucemia mieloide crónica. O interferón beta é utilizado no tratamento e control da esclerose múltiple.

-VACINAS VASCULARES:

Son lesións  que se deben a anomalías dos vasos sanguíneos (veas, arterias, linfáticos e capilares). A simple vista poden ser difíciles de diferenciar entre elas, por iso é conveniente facer unha biopsia da lesión. A consecuencia de que estén baixo a pel fai que se poida ver a cor da sangue que circula dando diferentes tonos de roxo, mais ou menos intenso.

https://www.youtube.com/watch?v=V1w6MqHwMZs

Sandra Iglesias Valladares

Lidia Rosende Oliva

 

Esta entrada foi publicada en A revolución xenética. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta